San Roque

Etiquetas:
10/08/2022

Os días 15 e 16 de agosto Ribadeo volve a celebrar as Festas de San Roque, con diversas actividades lúdicas, gastronómicas e actuacións musicais.

O San Roque dará comezo o luns, 15 de agosto, as 21:00 horas cunha mexillonada popular. O martes 16 as 11:00 horas comeza a celebración coa tradicional saída dos Cocos e Cabezudos, dende a Oficina de Turismo acompañados do Cuarteto Tradicional Illa Pancha. As 12:00 horas será a misa solemne na Capela de San Roque, seguida da actuación da Banda de Música Municipal de Ribadeo e a sesión vermú, amenizada polo Grupo Fénix.

Á tarde, a partir das cinco terán lugar uns xogos populares e un Obradoiro dos Cocos, impartido polo Centro de Ocio Infantil Con Sentidiño. As 19:30 horas será o concerto de Rio&Daiv e Amoebo e xa á noite verbena co Grupo Fénix, Litainer e a disco...

leer más
Etiquetas:
12/08/2019

O venres, 16 de agosto, celébrase en Ribadeo a Festa de San Roque. Pola mañá sairán os Cocos e os Cabezudos, haberá concerto da Banda Municipal ribadense e pola noite festa verbena.

A cita está organizada pola asociación cultural San María do Campo e San Roque, que conta coa colaboración do Concello de Ribadeo, da Xunta de Galicia e do Xacobeo 2021.
Pola mañá potentes bombas de palenque anunciarán a festividade do copatrón da vila, San Roque. Ás 11:30 horas sairán os Cocos e os Cabezudos desde a Oficina de Turismo. Irán acompañados do grupo de gaitas Illa Pancha. Ás 12:30 hora será a misa solemne na capela de San Roque, a continuación haberá procesión e despois concerto da Banda Municipal de Música de Ribadeo. 

E xa pola noite a partires das dez terá lugar a festa verbena na honra de San Roque, que estará...

leer más
Etiquetas:
09/08/2018

A comisión de festas de Ribadeo ultima os preparativos para a celebración a vindeira semana dos festexos na honra de San Roque.

O xoves, 16 de agosto, o programa de festas dará comezo ás 11:30 horas coa saída dos Cocos e Cabezudos, que estarán acompañados polo grupo de gaitas Illa Pancha.

Ás 12:30 horas celebrarase a misa solemne e a continuación terá lugar a procesión. Ao remate a Banda Municipal de Música de Ribadeo ofrecerá o seu tradicional concerto de San Roque, na praciña do mesmo nome. 

A xornada festiva rematará coa verbena que estará amenizada pola orquestra Palladium e a discoteca móvil Blanco & Negro.

Colaboran na celebración dos festexos: Acisa Ribadeo, Concello de Ribadeo, Deputación de Lugo e Xunta de Galicia.

 

Etiquetas:
11/08/2017

Intensa actividade cultural programada para esta vindeira ponte festiva en Ribadeo, mañá remata o Festival Internacional de Música Clásica e celébrase a Festa do Percebe en Rinlo. Ademais tocarán en Ribadeo Odaiko Percusión o luns e Xacarandaina o martes. O mércores 16, festividade do copatrón de Ribadeo, San Roque, actuará a Banda Municipal de Música ao mediodía, entre outras actividades que haberá ao longo da xornada. Esta programación era presentada este mediodía polo concelleiro de Cultura, Farruco Graña.

O edil de Cultura anunciou que “esta mesma tarde teremos a ocasión de participar no mercadiño que a Asociación Española de Loita contra o Cancro fai cada ano para recadar fondos. Será no parque de San Francisco”.

Farruco Graña tamén animou á xente “a asistir á Festa do Percebe, en Rinlo; será mañá, sábado. A...

leer más
Etiquetas:
03/08/2017

Todo está listo en Ribadeo para a celebración da festividade do seu copatrón, San Roque. A comisión organizadora das festas patronais da vila ribadense preparou o programa das actividades que se desenvolverán ao longo día 16 de agosto. 

Potentes bombas de palenque anunciarán a xornada. A partires das 11:30 horas sairán desde a Oficina de Turismo os Cocos e Cabezudos, que estarán acompañados do grupo de gaitas da asociación Amigos da Gaita para percorrer as principais rúas da vila.
Ás 12 da mañá haberá misa solemne na capela de San Roque, seguida de procesión e concerto da Banda Municipal de Música de Ribadeo. 

E xa pola noite a partir das 22:00 horas dará comezo a festa verbena, que estará amenizada polo Grupo Fénix e Disco Móbil Blanco y Negro.