Taberna

Etiquetas:
09/03/2023

As Concellarías de Turismo e de Educación de Ribadeo presentaron a VI edición dos Cantos de Taberna, que se desenvolverá o 18 de marzo do 2023 a partir das oito da tarde.

O concelleiro Pablo Vizoso explica que “os cantos de taberna son unha actividade moi tradicional en Ribadeo e noutras vilas de Galicia, que permite recuperar pezas tradicionais coas que tanto nos identificamos e tamén disfrutar dun momento de lecer de forma conxunta ese sábado á noitiña polos establecementos da vila”.

Pablo Vizoso engade que “as bases deste evento están publicadas na páxina web do Concello e nelas recóllese os requirimentos para participar. Os grupos participantes deberán estar formados por un mínimo de 5 persoas e un máximo de 10, que irán acreditadas de maneira visible. A participación neste concurso aumenta este ano o número...

leer más
Etiquetas:
05/02/2023

O Concello de Trabada anuncia que o próximo venres, 10 de febreiro, haberá Cantos de Taberna nos tres bares do concello e explica: “contaremos cun grupo en cada establecemento así que se queredes disfrutar de unha noite diferente, con música e bo ambiente non podedes faltar”.

Será de 20:00 a 23:00 horas e no mesón Camiño Norte actuará Mestura de Nete, no bar O Porfirio cantarán Os Humedos del Eo e na Taberna da Curuxeira estarán Cantantes da Moncloa.

Etiquetas:
06/09/2022

A asociación Gaita Escola de Mondoñedo organiza este sábado, 10 de setembro, a “X Xuntanza de Cantos de Taberna”.

O encontro terá lugar ás 20:00h onde 12 grupos de diferentes puntos de Galicia cantarán e tocarán polos diferentes bares e tabernas da vila. Con motivo do seu décimo aniversario contan cunha actuación de balde moi especial. 

Treixadura estará en concerto ás 22:30h na Praza da Catedral para presentar o seu novo traballo, “Camiño Longo” e celebrar que, ao igual que os Cantos de Taberna, tamén están de aniversario xa que levan 30 anos de andaina. Con este disco Treixadura quere recuperar as melodías dos inicios do grupo e soarán en directo os temas máis emblemáticos da agrupación. 

Pero aínda hai máis, Gaita Escola convida a seguir a festa cunha foliada aberta na Praza do...

leer más
Etiquetas:
31/03/2022

A quinta edición dos Cantos de Taberna, que organiza o Concello de Ribadeo, celebrarase este sábado, 2 de abril. Trece grupos de Galicia e Asturias percorrerán coa súa música tradicional e popular os 25 establecementos hostaleiros que se dan cita neste evento a partires das oito da tarde. 

O concelleiro de Desenvolvemento Local, Pablo Vizoso, dixo que “este sábado, 2 de abril, vaise celebrar a quinta edición de Cantos de Taberna, organizado unha vez máis polo Concello de Ribadeo. Deste xeito recuperamos un evento que tivo lugar por última vez no ano 2019 e que non puido ter continuidade debido aos efectos da pandemia”.

O edil ribadense explicou que “a partir das oito da tarde en máis de 20 establecementos da vila poderase gozar coa música tradicional e popular interpretada por 13 grupos procedentes de diferentes...

leer más
Etiquetas:
10/03/2022

A quinta edición dos Cantos de Taberna, que organiza o Concello de Ribadeo, terá lugar o vindeiro 2 de abril. O evento foi presentado polos concelleiros de Turismo e Cultura, Pablo Vizoso e Pilar Otero.  

O edil ribadense dixo que “Ribadeo recupera os seus eventos máis destacados. E os Cantos de Taberna convértense no pistoletazo de saída dunha programación de actividades que busca situarnos de novo na ansiada normalidade e que paso a paso parece que imos acadando”. 

Vizoso Galdo explicou que “desde as Área de Turismo, Cultura e Educación do Concello de Ribadeo presentamos a V Edición de Cantos de Taberna que se desenvolverá o 2 de abril a partir das oito da tarde. Os Cantos de Taberna en Ribadeo nunca desapareceron e a mellor forma de gozar deles é a través desta nova edición que organiza o Concello. Animamos a...

leer más
Etiquetas:
04/03/2020

A quinta edición dos Cantos de Taberna, que organiza o Concello de Ribadeo, terá lugar o 21 de marzo. Os grupos interesados en participar poden inscribirse ata o día 17, ao igual que os locais que desexan adherirse a esta iniciativa, que foi presentada hoxe polo concelleiro de Turismo, Pablo Vizoso. 

O edil dixo que “desde a Área de Turismo e a Área de Educación do Concello presentamos a V Edición de Cantos de Taberna, que se desenvolverá o 21 de marzo do 2020 a partir das oito da tarde”.

Pablo Vizoso subliñou que “en Ribadeo gústanos tanto cantar que temos unha celebración expresa: os Cantos de Taberna. Esta tradición vén de moi antigo, pois era moi típico ver polos locais ribadenses a grupos de amigos/as cantando os éxito do momento, cancións galegas, boleros, habaneras e outras melodías tabernarias emocionantes...

leer más
Etiquetas:
11/02/2020

O Concello de Trabada organiza, por terceiro ano consecutivo, Cantos de Taberna.

A actividade celebrarase este venres, 14 de febreiro, a partires das 20:00 horas, no Mesón Camiño Norte e na Taberna da Curuxeira.

As actuacións en directo de música tradicional prolongaranse ata as 23:00 horas.
Organizan este evento: Concello de Trabada e Trabada Camiño Natural.

 

Etiquetas:
13/06/2019

Á cita acudirán grupos de Burela, Cervo e As Pontes, O grupo Tanto nos Ten dará un concerto presentando o seu novo disco ‘Cortando Fíos’ e ás 19:00 impartirán un obradoiro de iniciación ao baile tradicional e a entrada é de balde. 

A XIV Foliada da Mariña terá lugar o vindeiro sábado 22 de xuño nunha carpa na Praza do Concello en Xove a partir das 20:00. Unha hora antes integrantes de Saiñas (Noa, Uxío e Pedro) impartirán un obradoiro de iniciación ao baile tradicional no que que as persoas participantes aprenderán a bailar unha muiñeira, a inscrición pode facerse a través da páxina de Facebook de Saiñas. 

O grupo de música tradicional furtiva, como eles mesmos se definen,  Tanto Nos ten dará un concerto no que presentará o seu novo disco Cortando Fíos. Á Foliada acudiran diversos grupos procedentes de Burela,...

leer más
Etiquetas:
01/03/2019

O 23 de marzo terá lugar a cuarta edición dos Cantos de Taberma, que organiza o Concello ribadense e que por primeira vez se desenvolverán fora do Ribadeo de Tapeo. O evento foi presentado hoxe polo alcalde, Fernando Suárez, e polos concelleiros de Turismo, Igualdade e Medio Rural, Ana Martínez, Mariluz Álvarez e Vicente Castro. 

Martínez contou que “desde as Concellarías de Desenvolvemento Local, Turismo e Comercio e Educación e Igualdade presentamos os IV Cantos de Taberna, que se desenvolverán o vindeiro 23 de marzo do 2019 a partir das oito da tarde, e que este ano como novidade, toman entidade propia e celebraranse fóra do Ribadeo de Tapeo, como ata o de agora viña sendo habitual”.

A edil ribadense explicou que “con isto preténdese un reforzo de actividades en meses fora de temporada estival, procurando...

leer más
Etiquetas:
19/04/2018

Desde a Concellaría de Desenvolvemento Local, Turismo e Comercio subliñan que ata o 4 de maio está aberto o prazo do inscrición na III edición de Cantos de Taberna, que se desenvolverá o 11 de maio a partir das oito da tarde durante o Ribadeo de Tapeo 2018. 

E lembran que “as bases atópanse publicadas na páxina web do Concello e nelas recóllese, como vén sendo habitual, as seguintes particularidades: os grupos participantes estarán formados por un mínimo de 5 persoas e un máximo de 10, que irán acreditadas de maneira visible. A participación no concurso estará limitado a 10 grupos e/ou un máximo de 100 persoas en total. Cada grupo percorrerá o itinerario que a organización lle marque, non podendo realizar actuacións noutros locais de hostalería que non lle fosen asignados. Cada grupo dispoñerá de 20 minutos de actuación en cada local. O...

leer más