Corais

Etiquetas:
05/06/2019

Este sábado, 8 de xuño, celébrase na Basílica de San Martiño, o XIII Encontro Internacional de Corais Villa de Foz, que dará comezo ás 19:30 horas.

Participarán xunto á Coral Polifónica de Foz, a Coral Torreblanca de León e a Coral Polifónica Canto e Encanto de Canas de Senhorim (Portugal).

O encontro está organizado pola Coral Polifónica de Foz co patrocinio do Concello de Foz e a Deputación de Lugo.

 

05/10/2018

A Casa da Cultura de San Ciprián acollerá mañá, 6 de outubro, ás oito da tarde un Concerto de Corais. 

Actuarán a Coral Alborada, de Viveiro, e a Coral Asociación Amigos del Camino de Santiago, da provincia de Lugo.

 

Etiquetas:
01/08/2018

A Sala Bahía acollerá este sábado, día 4, ás 19:30 horas a XXXIII edición do Encontro de Corais Galaico Astur. Este evento está organizado pola Coral Polifónica de Foz e conta coa colaboración do Concello focense e da Deputación Provincial de Lugo.

En representación de Asturias estarán as corais de Porceyo (Gijón) e Tineo, mentres que de Galicia actuarán as de Berres, no municipio pontevedrés de A Estrada, e a de Foz.

Etiquetas:
25/05/2018

O sábado, 2 de xuño, a Igrexa das Concepcionistas de Viveiro acollerá un concerto no que intervirán o Grupo de Canto D´Amas de Aranjuez e a Coral Polifónica Eumensa de Pontedeume.

A actuación dará comezo ás 20:30 horas.

Organiza o acto a Coral Polifónica Alborada coa colaboración do Concello de Viveiro e as relixiosas Concepcionistas.

 

Etiquetas:
08/07/2017

O 8 de xullo na igrexa de Santa María de Lieiro en Cervo terá lugar unha actuación de corais ás 21:00 horas.

Intervirán a Coral Polifónica de Chantada, a Coral Coyantina-Valencia de Don Juan de León, e a Coral Polifónica do CIT de San Ciprián.

A actividade está organizada pola comisión de festas de San Ciprián e a Coral Polifónica do CIT de San Ciprián. Colabora o Concello de Cervo.

 

Etiquetas:
15/06/2017

A basílica de San Martiño acollerá este sábado, día 17, a décimo primeira edición do encontro internacional de corais Villa de Foz, que organiza a coral polifónica focense e que conta co patrocinio do Concello.

A partir das 19:30 horas a Coral Polifónica de Foz actuará xunto ás agrupacións Coral Erreniega, de Cendea de Cizur (Navarra) e Grupo Coral David de Sousa, de Figueira da Foz (Portugal).

Cada unha das tres corais interpretará cinco cancións e ao final do encontro as tres formacións cantarán conxuntamente O Voso Galo, peza que dirixirá a titular da coral de Foz, Carmen Alonso.

Etiquetas:
22/06/2016
A Coral Noves Veus de Capellades, de Barcelona, actuará este sábado, 25 de xuño, en Ribadeo. O evento estará organizado pola Coral Polifónica de Ribadeo.
 
O sábado, 25 de xuño, a Coral Polifónica de Ribadeo organiza un concerto que ofrecerá a Coral Noves Veus de Capellades de Barcelona.
 
Este concerto terá lugar no Auditorio de Ribadeo a pesar de que inicialmente estaba previsto no Cine-Teatro, e comezará ás 20:45 horas.
 
No inicio interpretará dúas pezas a Coral Polifónica de Ribadeo. Posteriormente a Coral Noves Veus de Capellades ofrecerá o seu concerto cun repertorio integrado por doce composicións entre as que figuran dúas habaneras.  Ao remate actuarán conxuntamente a Coral Polifónica de Ribadeo e a de Noves Veus de Capellades.
 
Etiquetas:
18/06/2015
A basílica de San Martiño, en Foz, acollerá este sábado, día 20, o IX Encontro Internacional de Corais "Villa de Foz".
 
A basílica de San Martiño acollerá este sábado, día 20, ás 19:30 horas a novena edición do Encontro Internacional de Corais Villa de Foz. Este evento está organizado pola Coral Polifónica de Foz co patrocinio do Concello de Foz.
No encontro participarán a agrupación organizadora, dirixida por María del Carmen Alonso Leal e coa pianista Amparo Represa; e ademais a Coral Valparaíso, de Valladolid, que dirixe Antonio Redondo González; e a agrupación portuguesa Orfeao de Recardaes, que dirixe Stanislava Pavlov.