Panxoliñas
A música será a protagonista os vindeiros días en Ribadeo.
O primeiro dos concertos terá lugar o 26 de decembro ás 13:00 horas no Cine Teatro, coa actuación de La Habitación de la Música e forma parte dun ciclo coorganizado polo Concello coa asociación cultural Bruar.
Ademais o mércores, 29 de decembro, actuará Two Faces, ás 20:30 horas, no Cine Teatro.
Ambas actuacións contan co patrocinio da Área de Cultura da Deputación de Lugo.
E tamén este domingo ás 20:45 horas na igrexa parroquial celebrarase a XXVI edición do Festival de Panxoliñas coas actuacións do Coro Infantil e Xuvenil Sagrado Corazón de Ribadeo, o Conxunto Vocal Lugh de Lugo, o Coro Villa de Boal de Asturias e a Coral Polifónica de Ribadeo, que é a anfitrioa do evento.
A Coral Polifónica Alborada de Viveiro organiza o Concerto de Panxoliñas 2019.
Celebrarase o vindeiro domingo, día 29, ás 20:30 horas na Igrexa das Concepcionistas. Actuarán a Coral Polifónica de Mera e a Coral Polifónica Alborada.
Colaboran na organización deste evento: a Delegación de Cultura do Concello de Viveiro e Relixiosas Concepcionistas.
A Coral Polifónica Alborada de Viveiro organiza este sábado, 29 de decembro, un concerto de panxoliñas que terá lugar na igrexa das Concepcionistas, ás 20:30 horas.
Actuarán a Coral Eo Musical e a Coral Polifónica Alborada.
Colaboran na organización: a Delegación de Cultura do Concello de Viveiro e Relixiosas Concepcionistas.
O vindeiro sábado, día 15, terá lugar en Burela o XXX Festival de Panxoliñas e Polifonía. O Concello colabora coa organización do evento, que se celebrará no auditorio da Casa da Cultura a partires das 20:30 horas.
A Coral Polifónica de Burela organiza este festival no que actuará xunto ás Corais Polifónica de Campo Lameiro, de Pontevedra, e La Encina de Mata de San Felices de Buelna, de Cantabria.
A actividade conta co patrocinio da Consellería de Cultura da Xunta e da Área de Cultura da Deputación de Lugo.