O 29 de decembro terá lugar un concerto de panxoliñas na igrexa das Concepcionistas, en Viveiro. Na cita actuarán dúas Corais.

A Coral Polifónica Alborada de Viveiro organiza este sábado, 29 de decembro, un concerto de panxoliñas que terá lugar na igrexa das Concepcionistas, ás 20:30 horas. 

Actuarán a Coral Eo Musical e a Coral Polifónica Alborada.

Colaboran na organización: a Delegación de Cultura do Concello de Viveiro e Relixiosas Concepcionistas.