Maios

Etiquetas:
29/04/2016
Vilanova acolle a tradicional Festa do Maio este domingo, día 1, con desfile polas rúas e diversas actividades na praza do Conde Santo.
 
Vilanova de Lourenzá acolle a tradicional Festa do Maio este domingo, día 1, que inclúe desfile polas rúas da localidade e diversas actividades na praza do Conde Santo.
 
A alcaldesa, Rocío López, anunciou hoxe que “este ano a programación presenta unhas cantas novidades con respecto a edicións anteriores. Mañá, sábado, día 30, terá lugar no mercado comarcal gandeiro a partir das cinco da tarde un obradoiro titulado Facendo un Maio. Está dirixido a tódolos nenos e nenas que queiran participar. Para poñer en marcha esta iniciativa o Concello púxose en contacto coa ANPA e o CEIP Juan Rey, que colaboran na programación deste taller. Co fin de coñecer a fondo unha das festas tradicionais que forman parte do noso contorno propoñemos que...
leer más
Etiquetas:
07/05/2015
Ribadeo celebra os Maios este domingo, 10 de maio, pola tarde no parque de San Francisco.
 
Ribadeo celebra os Maios  este domingo, 10 de maio, ás 17.00 horas no parque San Francisco.
"Este ano contamos co alumnado do curso de Monitores de Ocio e Tempo libre nas actividades de animación. Coma sempre, para adornar o Maio, podes traer flores, ovos baleiros, fiúncho e un sombreiro de palla para ti", explican desde a organización.