Sábado

Etiquetas:
13/11/2023

O Teatro das Cortes, que está no lugar de Xestoso, en Cabanas (O Vicedo) organiza un Sábado de Contos e outras Leiras para o 18 de novembro a partir das 18:00 horas. A entrada é de balde.

O promotor desta actividade e do Teatro das Cortes, o actor Xosé Penabade, anuncia: “a todo porco lle chega o seu San Martiño. O vindeiro sábado 18 tócalle ao porco dos Andrade. Faremos a "II Ofrenda teatreira ao cocho dos Andrade". E despois Paula Carballeira quedou en contar algún conto de chourizos, de porcos, non sei?”.

Etiquetas:
27/04/2023

A Delegación de Cultura do Concello do Valadouro informa de que o vindeiro sábado, 29 de abril, ás 20:30 horas no Salón de Actos do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da terceira Idade "Manuel Lourenzo, escenificarase a obra de Teatro Menciñeiro á forza, a cargo do grupo Os Pícaros de Lagoa.
 
A obra escollida é unha coñecida adaptación elaborada nos anos 60 polo escritor chairego Xosé Manuel Carballo. Trátase dun texto baseado na famosa comedia de Molière O enfermo imaxinario.
 
Sinopse
Un matrimonio que sempre anda á porfía. Como ela está un pouco cansa da actitude do seu marido, maquina unha vinganza: facerlles crer que andan a buscar un menciñeiro para a súa filla.

A entrada é de balde.

Etiquetas:
07/03/2023

Culturactiva e “As alumnas” chegan o 11 de marzo ao Teatro Pastor Díaz, de Viveiro. Será ás 20:30 horas. 

As Alumnas é un espectáculo dirixido por Fina Calleja, con texto de Paula Carballeira, e con Anabell Gago e Mónica Camaño no elenco. Dirixido a un público adulto, trata sobre a figura da pedagoga galega María Barbeito e sobre como o franquismo significou un enorme retroceso na educación do Estado, especialmente para as mulleres. A educación, peza fundamental no desenvolvemento e na liberdade das persoas, especialmente das mulleres, é o eixo fundamental da obra. As dúas personaxes femininas representan dous casos concretos de mulleres no marco histórico anterior e posterior á Guerra Civil, que nos levan a tocar as transformacións sociais do momento.

Elvira Fontao e Rosa Lires, antigas alumnas de María Barbeito...

leer más
Etiquetas:
29/11/2022

A compañía Chévere chega o 3 de decembro a Viveiro con “As fillas bravas de Momán”. Será ás 20:30 horas no Teatro Pastor Díaz. O elenco artístico está composto por: Patricia de Lorenzo, Mónica García, Arantza Villar.

As fillas bravas son tres mulleres que tocan e cantan o que lles peta como antes fixeron a súa nai e a nai da súa nai, porque todas son fillas do vento, mulleres de andar a pé do toxo, orgullosas de vir de tras da silveira, cantoras dunha estirpe de voces furtivas que berran entre raposos.

Con esta peza Chévere segue a explorar as posibilidades dun teatro con perspectiva de xénero para sensibilizar á sociedade frente á violencia machista e as desigualdades.

A reserva de entradas pode facerse no seguinte número de teléfono 982 56 01 62 ou...

leer más
Etiquetas:
19/04/2022

A agrupación cultural Francisco Lanza, de Ribadeo, organiza unha excursión para este sábado, día 23 de abril, xornada na que os participantes irán a Outeiro de Rei, Bóveda de Mera e Lugo para visitar a Casa Museo Manuel María, Santalla de Bóveda e o Museo Universitario A Domus do Mitreo.

A excursión sairá ás 09:00 horas da Praza de Abastos ribadense e o regreso a Ribadeo está programado para as 19:30 horas.

A inscrición para participar pode facerse por WhatsApp no teléfono 699.80.96.06.

Etiquetas:
13/12/2021

O coñecido grupo teatral Chévere representa As Fillas Bravas este sábado, día 18, ás 20 horas no salón de actos do Concello de Lourenzá, que organiza esta actividade coa colaboración da Deputación de Lugo. A entrada é gratuíta con aforo limitado.

O elenco desta obra de Chévere está formado por Patricia de Lorenzo, Mónica García e Arantza Villar.

Chévere explica que “as fillas bravas son tres mulleres que tocan e cantan o que lles peta, como antes fixeron a súa nai e a nai da súa nai, porque todas son fillas do vento, mulleres de andar a pé do toxo, orgullosas de vir de tras da silveira, cantoras dunha estirpe de voces furtivas que berran entre raposos”.

Con esta peza Chévere “segue a explorar as posibilidades dun teatro con perspectiva de xénero, dando continuidade a traballos que...

leer más
Etiquetas:
09/12/2021

Será este sábado, día 11, a partir das 21 horas. O Grupo Lume Escénico, da Pontenova, representa “Cousas de bares”.

Sinopse:

Como consecuencia dun accidente de tráfico no que está implicado un coche fúnebre, nun bar aparece un ataúde cun boleto de lotaría dentro. Esta é unha obra de ritmo trepidante e con xiros inesperados. Unha cita fronte ao cemiterio, para un espectáculo… mortal! 

Etiquetas:
09/12/2021

O Teatro Pastor Díaz, de Viveiro, acolle a representación de A lingua das bolboretas a cargo de Sarabela Teatro. A función terá lugar este sábado, día 11 de decembro, ás 20:30 horas.

A obra de Manuel Rivas conta o proceso de aprendizaxe que emprende o protagonista da man do mestre da escola e da traxedia que supuxo vivir con medo, do cru impacto que xera o estalido dunha guerra civil. A través da entrañable relación que manteñen o mestre, don Gregorio, e o neno vaise descubrindo paulatinamente a beleza daquelas realidades cotiás que pasan inadvertidas, facendo partícipe ao receptor da historia da fascinación infantil do protagonista ante o descoñecido e do sufrimento que provoca a represión das liberdades humanas.

Trátase dunha adaptación de Fernando Dacosta e Gonçalo Guerreiro, coa dirección deste último,...

leer más
Etiquetas:
07/12/2021

Este sábado, 11 de decembro, ás 19:00 horas o grupo Hipócrita Teatro representará no centro sociocultural de San Cosme a obra Cásting, na que varias actrices compiten por un único papel cinematográfico. Atrapadas nas súas personaxes estereotipo chegan ao límite do absurdo por cumprir coas expectativas do seu rol. É unha comedia agridoce para chorar, rir ou chorar coa risa.

Esta representación teatral está organizada polo Concello de Barreiros e a Área de Cultura da Deputación de Lugo.

Etiquetas:
01/12/2021

O Concello de Alfoz programa a representación da obra Por un puñado de grelos a cargo de Trocos Teatro. A función será este sábado, 4 de decembro, ás 20:00 horas, no salón de actos da Casa da Cultura. A entrada é libre e gratuíta.

O grupo de teatro de Castro de Rei presenta esta obra de Guillermo Cancelo que transcorre na Terra Cha onde se comenta que, nun lugar chamado A Escrita, está aparecendo ouro e esta é a única paraxe natural na que se dá a planta sagrada dos grelos polo que non consentirá unha nova invasión por parte do pobo branco.

Esta representación está subvencionada pola Área de Cultura da Deputación de Lugo.