O Teatro das Cortes, no Vicedo, organiza un Sábado de Contos e outras Leiras o 18 de novembro

O Teatro das Cortes, que está no lugar de Xestoso, en Cabanas (O Vicedo) organiza un Sábado de Contos e outras Leiras para o 18 de novembro a partir das 18:00 horas. A entrada é de balde.

O promotor desta actividade e do Teatro das Cortes, o actor Xosé Penabade, anuncia: “a todo porco lle chega o seu San Martiño. O vindeiro sábado 18 tócalle ao porco dos Andrade. Faremos a "II Ofrenda teatreira ao cocho dos Andrade". E despois Paula Carballeira quedou en contar algún conto de chourizos, de porcos, non sei?”.