Rosario

Etiquetas:
03/10/2019

A parroquia de Castelo celebrará a Festa na Honra da Nosa Señora do Rosario a vindeira fin de semana.

A cita comezará o sábado 5 ás 13:00 horas coa Misa Solemne cantada polo Coro Parroquial Cervo-Burela e a posterior procesión. A continuación haberá sesión vermú a cargo da orquestra “Emperadores”.

Ás 22:00 horas comezará a Gran Verbena a cargo do “Dúo Merengue” e a orquestra “Emperadores”.

Xa o domingo 6 haberá misa solemne ás 13:00 horas cantada polo Coro Parroquial Cervo-Burela. A continuación terá lugar a procesión e ao remate haberá sesión vermú a cargo do grupo “Fusión”.

A Festa está organizada pola Asociación Cabaleiros do Xunco coa colaboración do Concello de Cervo, que convida a toda a veciñanza e visitantes, a que gocen destas dúas xornadas festivas na...

leer más