A Casa da Cultura de Trabada acollerá unha representación teatral de Lume Escénico o 11 de decembro.

Será este sábado, día 11, a partir das 21 horas. O Grupo Lume Escénico, da Pontenova, representa “Cousas de bares”.

Sinopse:

Como consecuencia dun accidente de tráfico no que está implicado un coche fúnebre, nun bar aparece un ataúde cun boleto de lotaría dentro. Esta é unha obra de ritmo trepidante e con xiros inesperados. Unha cita fronte ao cemiterio, para un espectáculo… mortal!