En Viveiro o Concerto de Panxoliñas será o 29 de decembro na igrexa das Concepcionistas a partir das oito e media da tarde.

A Coral Polifónica Alborada de Viveiro organiza o Concerto de Panxoliñas 2019.

Celebrarase o vindeiro domingo, día 29, ás 20:30 horas na Igrexa das Concepcionistas. Actuarán a Coral Polifónica de Mera e a Coral Polifónica Alborada.

Colaboran na organización deste evento: a Delegación de Cultura do Concello de Viveiro e Relixiosas Concepcionistas.