Cuba

Etiquetas:
28/08/2023

A ribadense Sonia Fernández Amor, a afortunada coa viaxe a Cuba sorteada no marco do VIII Ribadeo Indiano, atópase disfrutando do seu agasallo na illa caribeña.

Desde Acisa o xerente, Jesús Pérez, conta que “Sonia Fernández e a súa parella atópanse en Cuba desde o pasado 23 de agosto e retornarán a Ribadeo o día 30 deste mes. O premio cubre o vo Madrid-Habana-Madrid, así como as estancias en hoteis de 5 estrelas (aloxamento e almorzo) tanto en La Habana como en Varadero, visado a Cuba e seguro básico de viaxe, entre outros complementos extra”.

Pérez Prada lembra que “Acisa Ribadeo repartiu entre o 23 de xuño e o 9 de xullo entre os seus locais asociados 150.000 rifas para o sorteo desta viaxe a Cuba. Esta é a terceira vez que unha parella goza deste importante premio, que é un auténtico reclamo para a clientela do...

leer más
Etiquetas:
02/07/2023

As concelleiras de Cultura, Turismo e Benestar Social, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Elena Sierra, e a presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, asistiron á apertura da exposición de arte cubano contemporáneo Bitácora Incompleta, de Ricardo Miguel Hernández e Yunior Aguiar Perdomo, que se pode visitar ata o 9 de xullo en horario de 19:30 a 21 horas na casa indiana de Don Gonzalo Bedoya, no nº 12 da rúa San Roque. 

Foron moitas as ribadenses e os ribadenses que se achegaron ata alí para gozar da beleza desa casa indiana e da mostra que alberga. E tiveron a oportunidade de departir cos seus protagonistas e con Ernesto Cruzado Estévez, o curador. 

Bitácora Incompleta enmárcase na programación do Ribadeo Indiano 2023. 

 

Etiquetas:
08/10/2019

José Penzol Díaz, acompañado da súa dona e dunha filla, recolleu en Viaxes Eroski, en Ribadeo, o premio da viaxe a Cuba para dúas persoas que lle tocou no sorteo celebrado no VI Ribadeo Indiano. No acto de entrega participaron o presidente e o xerente de Acisa, Francisco Iriarte e Jesús Pérez, así coma a concelleiro de Turismo, Pablo Vizoso, e o persoal da oficina de Viaxes Eroski. 

José Penzol cedeulle a viaxe a dúas persoas da súa familia, que o gozarán do 13 ao 20 de outubro. O premio cubre o vo de Madrid á Habana, o traslado posterior ao aeroporto, a habitación dobre con aloxamento e almorzo no hotel Habana Riviera By Iberostar de 4 estrelas durante 3 noites, o traslado desde a Habana a Varadero,  habitación dobre con todo incluído 4 noites no hotel Iberostar Laguna Azul de 5 estrelas. Inclúe tamén vo desde a Habana a Madrid, o visado...

leer más
Etiquetas:
04/07/2019

Mais de 130 establecementos de toda a vila, socios e non socios da patronal ribadense repartirán as mais de 200.000 rifas que se poñen en circulación dende mañá, 4 de xullo, ata o mesmo día 14 deste mes, xornada na que terá lugar o sorteo da viaxe a Cuba no Ribadeo Indiano.

No VI Ribadeo indiano os seus organizadores: Concello de Ribadeo e Acisa quixeron dar un paso mais e levar a dúas persoas a Cuba, país ao que se dedica a edición deste 2019. Segundo explican “hai que seguir facendo este evento mais grande, introducindo novidades e reclamos para os ribadenses e visitantes. Ademais é un xeito de premiar e fidelizar as compras na nosa vila nunha época na que comezan as rebaixas e aumenta a afluencia turística”.

A viaxe que se sortea é para dúas persoas e será para desfrutar do 13 o 20 de setembro. O premio cubre o...

leer más
Etiquetas:
01/11/2018

Os preparativos do sexto Ribadeo Indiano, que se celebrará do 12 ao 14 de xullo de 2019, botaron a andar en Santiago de Compostela coa xuntanza que os organizadores, Concello e Acisa, mantiveron nas últimas horas coa Cónsul Xeral e co Cónsul da República de Cuba para Galicia, Asturias e Cantabria, Yahima Martínez Millán e Ángel Aurelio Torres Jaime. 

A vindeira edición do Ribadeo Indiano estará dedicada a Cuba, de aí a celebración deste encontro. 

A concelleira de Desenvolvemento Local, Turismo e Comercio, Ana Martínez, explicou que “unha delegación do Concello e de ACISA, da man do ribadense Ángel Rodríguez Anes, mantivemos un primeiro contacto co Consulado de Cuba en Santiago para iniciar a organización da nova edición do Ribadeo Indiano, que vai estar dedicado a Cuba”.

Para a edil...

leer más
Etiquetas:
22/06/2018

O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, os Alcaldes de Monforte, Láncara e Guitiriz,José Tomé Roca, Darío Piñeiro López e Regina Polín Rodríguez e o Concelleiro de Cultura de Ribadeo, José Farruco Graña, presentaron no CENTRAD, Son Galego, Son Cubano,un proxecto liderado por Roi Casal co que colaborao organismo provincial cunha achega total de 20.000 euros.Trátase da xira que terá lugar nos meses de xuño, xullo e agosto en ditos municipios.O Goberno provincial asume o 40% de cada concerto, mentres que o 60% restante é financiado polos Concellos. 

Campos Conde avanzouque “esta xiraé de gran importancia porque ofrece unha actividade lúdica de primeiro nivel para os veciños, promove as relacións históricas entre Lugo-Cuba, tamén dinamiza culturalmente as vilas da provincia e xera riqueza noutros sectores como pode ser o turismo.”....

leer más