Encontro

Etiquetas:
01/04/2016
O 7 de abril dará comezo o Encontro Poético Galicia-Madrid, que organiza o Concello de Ribadeo. A primeira parada será na capital do Estado.
 
O Concello organiza un intercambio poético Galicia-Madrid, que terá a primeira parada o vindeiro xoves, día 7, en Madrid e no que participarán o poeta ribadense Xavier Rodríguez Baixeras e as poetisas Yolanda Castaño e Olaia Cociña. Este encontro-intercambio organizado pola Concellaría de Cultura chegará a Ribadeo o 3 de xuño. Os actos déronse a coñecer hoxe polo edil de Cultura, Farruco Graña, a quen acompañaron os poetas Xavier Rodríguez Baixeras e Yolanda Castaño.
 
O responsable de Cultura salientou que “para nós na Concellaría de Cultura do Concello de Ribadeo é un pracer apostar pola poesía. Este ano puxemos en marcha un ciclo Ventos Poéticos, que inaugurou o noso insigne poeta Xavier Rodríguez Baixeras e seguiremos apostando...
leer más
Etiquetas:
30/03/2016
O XIII Encontro de Palilleiras, que se celebrará en San Ciprián o 2 de abril, contará con máis de 700 participantes.
 
O décimo terceiro Encontro de Palilleiras, que se celebrará en San Ciprián este sábado, día 2 de abril, contará con máis de 700 participantes. O alcalde de Cervo, Alfonso Villares; a concelleira de Igualdade, Pilar Armada; e o edil de Obras, Plácido Pérez, supervisaron os traballos de montaxe das instalacións para o evento no pavillón polideportivo da Veiga.
 
Pilar Armada destacou que “o número de participantes incrementouse ata chegar a máis de 700, polo que foi necesario retirar canastras e outros aparellos deportivos no pavillón da Veiga para que poida acoller a tanta xente, que virá palillar desde lugares como Gijón, a Costa da Morte, Xove, Burela, Ferrol, Begonte, Mieres, La Felguera, Ourense, Navia, Cedeira, A Coruña, Lugo,...
leer más
Etiquetas:
22/03/2016
Os Sendeiros de Foz organiza unha viaxe a Cudillero o 10 de abril. A inscrición está aberta.
 
A asociación Os Sendeiros de Foz organiza unha viaxe á localidade asturiana de Cudillero para o vindeiro 10 de abril.
 
Os asistentes participarán no Encontro Astur-Galaico que se celebra alí en Cudillero. A saída será ás oito da mañá das inmediacións do Concello e o derradeiro día para anotarse é o 30 de marzo. As solicitudes poden facerse no local da asociación ou na dirección de correo electrónico: ossendeiros@yahoo.es. O prezo é de 25 euros para socios e 30 euros para non socios e para máis información se pode chamar aos teléfonos 676-561 594 ou 670-369 017.
 
Recoméndase levar equipo de sendeirismo.
21/03/2016
O XIII Encontro de Palilleiras, que se celebrará o 2 de abril en San Ciprián, contará con 600 participantes.
 
O vindeiro 2 de abril terá lugar en San Ciprián o XIII Encontro de Palilleiras con 600 participantes. O evento foi presentado hoxe nun acto que contou coa presenza do alcalde, Alfonso Villares, e a concelleira de Igualdade, Pilar Armada.
 
O rexedor municipal salientou que “xa é unha xuntanza de palilleiras que adquiriu unha sona que vai máis alá das fronteiras non só da nosa provincia senón tamén de Galicia. Son moitas as persoas que veñen, mulleres sobre todo, a palillar de Galicia pero tamén moitas doutros lugares, basicamente da veciña Asturias e tamén da zona de León”.
 
Alfonso Villares engadiu que “este encontro de palilleiras reforza moito a...
leer más