On Line

Etiquetas:
26/03/2020

O Concello de Foz acaba de convocar tres novos concursos on line: de fotografía na casa, de poesía e a segunda edición do de debuxo. O prazo para entregar os traballos comezou hoxe, xoves, e remata o vindeiro martes, día 31, ás 23:59 horas. Hai que envialos á dirección de correo electrónico concurso@concellodefoz.es.

O 1 de abril daranse a coñecer os gañadores e publicaranse todas as obras recibidas na páxina de facebook do Concello, onde xa están publicadas as bases dos tres certames.

No concurso de fotografía na casa poden participar todas as persoas empadroadas no concello de Foz e hai tres categorías: infantil (ata 12 anos), xuvenil (de 13 a 18 anos) e adultos (maiores de 18 anos).  As fotos deben ser de dentro da casa ou feitas desde a ventá.

... leer más