Pagasalgo

22/10/2026

A Asociación Cultural Pagasalgo está formada por un grupo de mozos e mozas de Ribadeo que “comparten un obxectivo común: dinamizar a vida social e cultural da vila durante todo o ano, fortalecer os vínculos co territorio e coa veciñanza e promover unha mocidade organizada, implicada na súa contorna e comprometida cos retos actuais da sociedade”. Este novo colectivo anuncia que “coa vontade de ofrecer alternativas de ocio continuadas máis alá dos períodos estivais, a asociación desenvolverá unha programación diversa que incluirá actividades como torneos de petanca, proxeccións audiovisuais, obradoiros gastronómicos e concertos, entre outras propostas abertas á participación da veciñanza. A primeira actividade oficial da asociación desenvolverase este sábado, 24 de outubro, na vila de Ribadeo. Será un torneo de petanca en colaboración co Club de Petanca de Ribadeo,...

leer más