Apego

Etiquetas:
03/06/2022

A Área de Cultura do Concello celebra este sábado os sete anos do proxecto Apego, que busca potenciar que as persoas adultas lles transmitan ás crianzas o amor polo idioma galego. No parque do Xardín haberá actividades a partir das cinco da tarde. 

A edil Pilar Otero dixo que “Apego é unha idea a nivel galego que xunta entidades locais e universidades, concellos de cidades grandes e de vilas medianas e pequenas, municipios rurais e de todas as cores políticas. Iso é o importante, o idioma é unha riqueza de todos e todos e todas debemos usalo para que siga vivo, independentemente das nosas ideas. É patrimonio común”.

A concelleira de Cultura subliñou que “sempre hai que aclarar que usar o galego, transmitirllo ás nosas nenas e nenos, non significa que nos pechemos aos demais idiomas. Ao revés, o ideal é saber...

leer más
Etiquetas:
24/01/2022

A Concellaría de Cultura organiza dous obradoiros do Apego para as familias, que terán lugar os días 29 de xaneiro e 5 de febreiro. A inscrición está aberta xa nas instalacións do Apego na Casa do Viejo Pancho. O primeiro, que se celebrará este sábado, será o de Instalacións de Xogos para crianzas de 1 a 3 anos de 11:00 a 12:30 horas. O segundo terá lugar o 5 de febreiro, titúlase Os Minimundos e está dirixido a nenas e nenos de 3 a 6 anos. Neste caso o horario será de 12:00 a 13:30 horas.

A concelleira de Cultura, Pilar Otero, explicou que “son dous obradoiros. O primeiro deles está dedicado a crianzas de 1 a 3 anos e vai ser este próximo sábado, 29 de xaneiro, de once a doce e media. Todas as familias interesadas poden xa comezar a inscribirse na oficina de Cultura, no horario de apertura, na Casa do Viejo Pancho. O seguinte dos...

leer más
Etiquetas:
13/05/2021

A Concellaría de Cultura organiza dous obradoiros do Apego para familias con bebés de seis meses a dous anos, que terán lugar os días 22 e 29 de maio, na Casa do Viejo Pancho. A inscrición está aberta. Van ser impartidos pola educadora María Novo.

A edil Pilar Otero explicou que “a Concellería de Cultura de Ribadeo ten un especial interese no proxecto Apego en canto supón sumar esforzos e crear dinámicas que favorezan que nais e país, en xeral as persoas adultas, lles transmitan ás crianzas o noso idioma. Desde este punto de vista recibimos como unha moi boa nova e moi necesaria que o parlamento galego, por unanimidade, decidise estes días apoiar unha canle só dedicada á programación infantil na Televisión de Galicia. A presentación da iniciativa popular da Mesa pola Normalización Lingüística de Galicia, apoiada por máis de 300.000...

leer más
Etiquetas:
25/03/2021

A Concellería de Cultura de Ribadeo programa para este domingo, 28 de marzo, o espectáculo para bebés de Caramuxo Teatro titulado Redondo. A representación terá lugar no Auditorio Municipal Hernán Naval ás 17:30 horas.

Trátase dunha montaxe, especialmente recomendada para familias con bebés de 6 meses a 4 anos, que xoga coas formas e na que o personaxe de Mr. Round está fascinado por todos aqueles obxectos redondos. Un día, na súa incesante procura, atopará unha asombrosa esfera que agocha historias sorprendentes.

Foi o espectáculo mellor valorado polo público na programación Vigo Cultura 2018, seleccionado en Galiza Escena Pro e en Fetén 2018.

Con Redondo remata o ciclo Palma Repalma do proxecto APEGO en Ribadeo que a Concellería de Cultura dedicou aos bebés e que constou de catro...

leer más