Novo espectáculo para bebés o 28 de marzo en Ribadeo. Caramouxo Teatro chega con "Redondo".

A Concellería de Cultura de Ribadeo programa para este domingo, 28 de marzo, o espectáculo para bebés de Caramuxo Teatro titulado Redondo. A representación terá lugar no Auditorio Municipal Hernán Naval ás 17:30 horas.

Trátase dunha montaxe, especialmente recomendada para familias con bebés de 6 meses a 4 anos, que xoga coas formas e na que o personaxe de Mr. Round está fascinado por todos aqueles obxectos redondos. Un día, na súa incesante procura, atopará unha asombrosa esfera que agocha historias sorprendentes.

Foi o espectáculo mellor valorado polo público na programación Vigo Cultura 2018, seleccionado en Galiza Escena Pro e en Fetén 2018.

Con Redondo remata o ciclo Palma Repalma do proxecto APEGO en Ribadeo que a Concellería de Cultura dedicou aos bebés e que constou de catro propostas escénicas de teatro, conto e música, que tiveron lugar os domingos do mes de marzo.