Bebés

Etiquetas:
12/01/2024

A Sala Bahía, de Foz, acollerá este domingo, 14 de xaneiro, unha representación teatral para bebés -de 6 meses a 4 anos- en dous pases: ás 11:30 e ás 12:30 horas. Correrá a cargo da compañía Trémola Teatro, que ofrecerá o espectáculo titulado “Que animaliño é?”.

É unha obra para bebés que lles fará gozar, coñecer e recoñecer as cousas que ven ao seu redor. A través de diferentes elementos sensoriais (bolas de la, burbullas de xabón, confeti, instrumentos, sons, …) os máis pequenos da casa gozarán desta emocionante aventura.

Os prezos das entradas son: xeral, 3 euros; e infantil, 2 euros.

É unha actividade incluída na programación cultural do Concello de Foz.

Etiquetas:
01/10/2023

O vindeiro luns, 9 de outubro, ás 10:30 horas, a Delegación de Cultura de Alfoz ten programada a actuación de Charo Pita na Escola Infantil Galiña Azul.

Coma todos os anos trátase dunha actividade dirixida aos máis pequenos e ás súas familias dentro do Programa Ler Conta Moito da Xunta de Galicia.

“Porco, porquiño ensíname o camiño”, é o título do contacontos que ofrecerá Charo Pita.

 

Etiquetas:
10/11/2021

A Biblioteca Municipal de Ourol organiza o espectáculo de contacontos "A aventura de Daniela Pirata" para bebés de 0-3 anos dentro da campaña contra a violencia de xénero e pola igualdade. Será no edificio multiusos de Ourol o día 20 de novembro, sábado, ás 11:30 horas.

Neste contacontos, a través da música e dos xogos, os asistentes acompañarán a Daniela Pirata nas súas aventuras, que encantarán ós máis pequenos.

As prazas son limitadas e inscriben no teléfono 982.55.90.19 ata o 16 de novembro.

 

Etiquetas:
30/09/2021

O cervense Caxoto de A Trastenda dos Contos representará "Levántate Xan!!!", un espectáculo para bebés de 0 a 3 anos, o 16 de Outubro ás 18:00 horas na Casa da Cultura de Burela.

Xan revisa que todas as tarefas estean feitas. Fixo os deberes, limpou os dentes, fixo pis, puxo o pixama e marchou para a cama pero esqueceu algo moi importante: darlle a cea ós animais. Ó día seguinte o galo érguese cedo como cada día para espertar ó sol pero ten tanta fame que non pode cantar e todo o mundo sabe que se o galo non canta o sol non se levanta e se o sol non se levanta Xan nunca espertará e non lles dará de almorzar.

Serán 30 minutos de historias, xogos e cantigas nas que os animais da granxa son os verdadeiros protagonistas. A entrada será de balde. O evento seguirá o protocolo covid: máscara, hidroxel e distancia de...

leer más
Etiquetas:
25/03/2021

A Concellería de Cultura de Ribadeo programa para este domingo, 28 de marzo, o espectáculo para bebés de Caramuxo Teatro titulado Redondo. A representación terá lugar no Auditorio Municipal Hernán Naval ás 17:30 horas.

Trátase dunha montaxe, especialmente recomendada para familias con bebés de 6 meses a 4 anos, que xoga coas formas e na que o personaxe de Mr. Round está fascinado por todos aqueles obxectos redondos. Un día, na súa incesante procura, atopará unha asombrosa esfera que agocha historias sorprendentes.

Foi o espectáculo mellor valorado polo público na programación Vigo Cultura 2018, seleccionado en Galiza Escena Pro e en Fetén 2018.

Con Redondo remata o ciclo Palma Repalma do proxecto APEGO en Ribadeo que a Concellería de Cultura dedicou aos bebés e que constou de catro...

leer más
Etiquetas:
04/03/2021

Palma Repalma é o programa do que gozarán todos os domingos do mes de marzo en Ribadeo as nenas e os nenos de ata tres anos. O día 7 Baobab Teatro estará no auditorio municipal con Ris Ras. Dentro do Apego a Concellaría de Cultura programa tamén propostas activas para as familias, segundo anunciou Pilar Otero Cabarcos. 

A edil ribadense dixo que “hai uns días adiantamos a nosa programación cultural ata xuño, tamén a de público infantil. E hoxe seguimos centrándonos nas propostas específicas para bebés. Primeiramente queremos anunciar que volvemos ter as caixas de benvida que tanto éxito tiveran.  Este agasallo do Apego quere potenciar que as persoas adultas, e a súa familia máis próxima en particular, lle falen o galego ás súas crianzas. A caixa contén entre outros elementos un dudú -o polbiño PO- , e un álbum de fotografías. Todas as...

leer más
Etiquetas:
24/09/2020

A Biblioteca Pública Municipal presenta o espectáculo Que animaliño é?, a cargo da compañía Trémola Teatro. Será na Casa da Cultura este sábado, 26 de setembro, ás 18:30 horas con entrada libre.

A función de teatro sensorial está dirixida a bebés desde seis meses a nenos e nenas ata 4 anos, que gozarán coñecendo e recoñecendo as cousas que ven ao seu redor. A través de diferentes elementos como bolas de la, burbullas de xabón, confeti, instrumentos, sons, etc… os máis pequenos da casa gozarán desta aventura.

Trémola Teatro nace na Escola Superior de Arte Dramática de Galicia e as actrices que integran a compañía son: Lucía L. Golán e Paula Regueiro.

 

Etiquetas:
05/10/2017

A Biblioteca Pública Municipal de Foz acollerá unha sesión de contos para bebés mañá, venres, ás seis da tarde. Titúlase Os contos do chupete e corre a cargo de Migallas Teatro.

A bibliotecaria municipal, María Jesús Álvarez Sánchez, explica que “Os contos do chupete é unha sesión de contos para bebés na que se integran música en directo, literatura infantil, expresión dramática e tradición oral. Os cativos poderán chuchar contos, cancións e arrolos ata encher a barriguiña nesta proposta para bebés na que gozar en familia”.

Esta actividade é para bebés de 0 a 3 anos, ten unha duración de 35 minutos e forma parte da iniciativa Ler conta moito.

Etiquetas:
09/05/2017

A Concellaría de Cultura organiza unha actividade para bebés dentro do programa Apego, que se celebrará este xoves, día 11.

Baixo o nome de Movementos con Apego terá lugar esta actividade ao aire libre dirixida a bebés entre 3 e 24 meses. Os participantes xuntaranse ás 17:00 horas no Cantón e irán andando ata o Cargadoiro onde se desenvolverá a partir das 17:30 horas. Desde a Concellaría de Cultura advirten de que “en caso de mal tempo sería no Teatro”.

O número de prazas é limitado polo que é preciso inscribirse para poder asistir. As anotacións poden facerse en culturaribadeo@ribadeo.org, chamando ao número de teléfono 982 131 565 ou acudindo ao Servizo de Normalización Lingüística, sito na rúa Viejo Pancho 12.