Actividade ao aire libre para bebés o 11 de maio en Ribadeo, dentro do programa Apego. En caso de choiva será no Cine Teatro.

A Concellaría de Cultura organiza unha actividade para bebés dentro do programa Apego, que se celebrará este xoves, día 11.

Baixo o nome de Movementos con Apego terá lugar esta actividade ao aire libre dirixida a bebés entre 3 e 24 meses. Os participantes xuntaranse ás 17:00 horas no Cantón e irán andando ata o Cargadoiro onde se desenvolverá a partir das 17:30 horas. Desde a Concellaría de Cultura advirten de que “en caso de mal tempo sería no Teatro”.

O número de prazas é limitado polo que é preciso inscribirse para poder asistir. As anotacións poden facerse en culturaribadeo@ribadeo.org, chamando ao número de teléfono 982 131 565 ou acudindo ao Servizo de Normalización Lingüística, sito na rúa Viejo Pancho 12.