Ecuestre

Etiquetas:
30/03/2024

O colectivo Equus Norte organiza a oitava edición da ruta ecuestre da Pontenova para o 13 de abril, sábado. 

A saída será ás 10:00 horas desde a área recreativa do Pozo da Ola. Ao rematar a ruta haberá comida e música a cargo de DJ Bombardero.

A organización explica que os participantes na ruta ecuestre deberán inscribirse antes do día 10 de abril para obter o ticket da comida.

 

Etiquetas:
03/04/2023

A Pontenova acollerá o 15 de abril, sábado, a sétima edición da ruta ecuestre organizada por Equus Norte e o Concello da Pontenova.

A saída será ás 10:00 horas dende a área recreativa do Pozo da Ola e haberá comida no hotel restaurante San Briz. A música correrá a cargo de Pedro BRMUDZ.