Rei

Etiquetas:
02/10/2023

A asociación O Noso Foz e o Concello de Foz veñen de presentar a elección do rei ou raíña do Entroido 2024, evento que terá lugar na Sala Bahía o próximo 14 de outubro, sábado, a partir das 19:30 horas. Desde a organización confirman que son sete os candidat@s que se postulan a dar relevo a Uxía Valmayor Forés e “todos demostran unha tremenda ilusión por representar o Entroido de Foz o vindeiro ano”, destaca a concelleira de Cultura, Inés López.

O concelleiro de Festas, Ángel Fernández, sinala que “os sete candidatos son nomes coñecidos na vila de Foz pola súa participación activa no Entroido e case todos pertencen a algunha asociación vinculada a este”. Os aspirantes son: Dérek Pérez Fernández, da comparsa Ruxe Ruxe; Carlota Fernández del Riego, da comparsa As Trouleiras; Coral Rey Oliveros, da comparsa Sin Xeito; Lucía López Lombardero,...

leer más
Etiquetas:
03/09/2023

A asociación O Noso Foz e o Concello de Foz abriron a inscrición para ser rei ou raíña do Entroido de Foz 2024, que se elixira nun acto público que terá lugar na Sala Bahía o día 14 de outubro deste ano, sábado.
 
“Tes máis de 18 anos e queres ser raíña ou rei do Entroido de Foz o próximo ano? Envía, antes do 15 de setembro, a onosofoz@gmail.com os teus datos persoais (nome e apelidos, DNI e data de nacemento) e dúas ou máis fotografías recentes”, explican os organizadores.

 

Etiquetas:
08/01/2020

A venda anticipada para o derbi galego de oitavos da Copa do Rei estará dispoñible dende mañá, xoves. O conxunto de Juanma Marrube recibirá O Parrulo FS o vindeiro martes, ás 20.30 horas, en Vista Alegre.

Todas as persoas que así o desexen poderán adquirir a súa entrada na sede do club (avenida Arcadio Pardiñas, 97, entreplanta, Burela) ata o martes, ás 14.00 horas, ou o sábado en Vista Alegre, coincidindo co compromiso de liga ante o Osasuna Magna (18.30 horas). A taquilla abrirase unha hora antes do partido.

Gratuíto: Ata 5 anos (recollida de entrada en taquilla)
Menores NON soci@s: 5 euros
Menores soci@s: 1 euro

Adult@s NON soci@s: 12 euros
Adult@s soci@s: 3 euros

A eliminatoria de oitavos disputarase entre o martes 14 e o mércores 15:

... leer más
Etiquetas:
17/10/2018

A Bomboneira recibirá o vindeiro martes, 23 de outubro, o CA Osasuna Magna, de Primeira LNFS, na segunda eliminatoria de Copa do Rei, a partir das 21.00 horas. Tras o triunfo de 0-6 ante Prone na primeira rolda, os pupilos de Juanma Marrube aparcarán os compromisos de liga, entre os desprazamentos ás complicadas pistas de Real Betis Futsal (sábado 20, 19.00 horas, Betis TV) e Santiago Futsal (sábado 27, 20.00 horas, TVG2).

Venda anticipada

O club habilitará a venda anticipada de entradas entre mañá, xoves 18, e o martes (ata as 14.00 horas) na sede laranxa. 
Horario de atención: De luns a xoves (10.00-14.00//16.00-19-00)
Venres (10.00-14.00 horas)

Soci@s Adult@s: 3 euros
Non Soci@s Adult@s: 12 euros
Menores de idade: Gratuíto

...

leer más
Etiquetas:
10/11/2014
FOZ BUSCA CANDIDATOS PARA ELIXIR A RAÍÑA E O REI DO ENTROIDO 2015.

A Delegación de Cultura do Concello de Foz organiza o seu tradicional concurso para elixir á raíña e ao rei do vindeiro Entroido 2015. Dende este organismo comunican que poderán participar na elección todos os candidatos que teñan máis de 18 anos e presenten antes do venres 21 de novembro a documentación requirida nas dependencias da Delegación de Cultura, que están na Casa do Concello. Os interesados deberán aportar unha folla acreditativa cos seus datos persoais, dúas ou máis fotografías recentes e un documento no que expliquen brevemente cales son os motivos que os levan a querer ser rei ou raíña destes festexos.

 

...

leer más