As entradas anticipadas para os oitavos de final da Copa do Rei, que disputarán o Pescados Rubén Burela e O Parrulo Ferrol, poranse á venda o 9 de xaneiro.

A venda anticipada para o derbi galego de oitavos da Copa do Rei estará dispoñible dende mañá, xoves. O conxunto de Juanma Marrube recibirá O Parrulo FS o vindeiro martes, ás 20.30 horas, en Vista Alegre.

Todas as persoas que así o desexen poderán adquirir a súa entrada na sede do club (avenida Arcadio Pardiñas, 97, entreplanta, Burela) ata o martes, ás 14.00 horas, ou o sábado en Vista Alegre, coincidindo co compromiso de liga ante o Osasuna Magna (18.30 horas). A taquilla abrirase unha hora antes do partido.

Gratuíto: Ata 5 anos (recollida de entrada en taquilla)
Menores NON soci@s: 5 euros
Menores soci@s: 1 euro

Adult@s NON soci@s: 12 euros
Adult@s soci@s: 3 euros

A eliminatoria de oitavos disputarase entre o martes 14 e o mércores 15:

C.D. ATLÉTICO MENGÍBAR - JAÉN PARAÍSO INTERIOR
REAL BETIS FUTSAL - C.D. UNIVERSIDAD DE MÁLAGA
PESCADOS RUBÉN BURELA - O PARRULO FERROL
C.B.D FÚTBOL SALA TALAVERA - MOVISTAR INTER
JIMBEE CARTAGENA F.S. - EL POZO MURCIA F.S.
SERVIGROUP PEÑÍSCOLA - LEVANTE U.D. F.S
HOSPITALET BELLSPORT F.S. - F.C. BARCELONA

INDUSTRIAS SANTA COLOMA - OSASUNA MAGNA