Raíña

Etiquetas:
17/01/2024

A asociación O Noso Foz e o Concello de Foz presentaron as actividades para o Entroido 2024.

O programa comeza coa coroación da raíña, que será o vindeiro sábado día 27 na carpa situada na rúa Atalaia, na que a raíña saínte, Uxía Valmayor Forés entregará a coroa a Carlota Fernández del Riego. “Estamos cos últimos preparativos, relativos á colocación e decoracións definitivas”, explicou Fátima Novo, presidenta de O Noso Foz. “É moi importante para nos que se coiden os detalles e sobre todo que os asistentes desfruten moito e se atopen a gusto”, indicou Inés López, concelleira de Cultura. 

Sendo o primeiro ano como Festa de Interese Turístico, Foz prepara con mimo todas as actividades “tentamos que todo saia da mellor maneira, os grupos están traballando moito en facer uns traxes incribles e a organización estase...

leer más
Etiquetas:
03/01/2024

Aínda sen finalizar unha programación de Nadal chea de eventos en Foz (este venres chega a gran cabalgata dos Reis Magos e o domingo Os Bolechas), o Concello de Foz prepárase para un Entroido que celebrará o seu primeiro ano como festa de interese turístico. A comisión de festas O Noso Foz e o Concello de Foz preparan os próximos eventos do mes de xaneiro e febreiro. A primeira data do calendario é o 27 de xaneiro, no que se coroará a raíña elixida no mes de outubro, Carlota Fernández del Riego.

O Entroido de Foz virá con novidades: a primeira delas a nova situación da carpa para a celebración das actividades, que será colocada na rúa Atalaia (As Torres) grazas á colaboración de varios veciños de Foz. O alcalde, Fran Cajoto, agradece “o xesto de colaboración desinteresada dos veciños, que non puxeron inconveniente ningún para que o...

leer más
Etiquetas:
22/10/2023

A gala celebrouse onte á noite na Sala Bahía. A raíña do Entroido 2024 será coroada nunha grande cena, que terá lugar o vindeiro ano. 

Carlota Fernández del Riego collerá o testigo de Uxía Valmayor, a raíña de 2023. 

Á elección celebrada onte presentáronse 7 candidat@s: Dérek Pérez González, da comparsa Ruxe Ruxe; Carlota Fernández del Riego, da comparsa Trouleiras; Coral Rey Oliveros, da comparsa Sin Xeito; Lucía López Lombardero, de Malo Será; Julio Villarino Neira, do grupo Vanche Galanas; Manuel Sanjurjo Rodríguez, de la comparsa Os Macanudos, de Barreiros, e María Díaz Villamor.

O Entroido de Foz foi declarado festa de interese turístico galego hai uns meses. 

 

Etiquetas:
02/10/2023

A asociación O Noso Foz e o Concello de Foz veñen de presentar a elección do rei ou raíña do Entroido 2024, evento que terá lugar na Sala Bahía o próximo 14 de outubro, sábado, a partir das 19:30 horas. Desde a organización confirman que son sete os candidat@s que se postulan a dar relevo a Uxía Valmayor Forés e “todos demostran unha tremenda ilusión por representar o Entroido de Foz o vindeiro ano”, destaca a concelleira de Cultura, Inés López.

O concelleiro de Festas, Ángel Fernández, sinala que “os sete candidatos son nomes coñecidos na vila de Foz pola súa participación activa no Entroido e case todos pertencen a algunha asociación vinculada a este”. Os aspirantes son: Dérek Pérez Fernández, da comparsa Ruxe Ruxe; Carlota Fernández del Riego, da comparsa As Trouleiras; Coral Rey Oliveros, da comparsa Sin Xeito; Lucía López Lombardero,...

leer más
Etiquetas:
03/09/2023

A asociación O Noso Foz e o Concello de Foz abriron a inscrición para ser rei ou raíña do Entroido de Foz 2024, que se elixira nun acto público que terá lugar na Sala Bahía o día 14 de outubro deste ano, sábado.
 
“Tes máis de 18 anos e queres ser raíña ou rei do Entroido de Foz o próximo ano? Envía, antes do 15 de setembro, a onosofoz@gmail.com os teus datos persoais (nome e apelidos, DNI e data de nacemento) e dúas ou máis fotografías recentes”, explican os organizadores.

 

Etiquetas:
04/05/2023

Tras unha pasada fin de semana chea de logros para o Pescados Rubén Burela FS, por parte do equipo masculino, selaron a segunda praza, asegurando o factor cancha, para os playoff, e o equipo feminino foi nin máis nin menos que Campión da Copa da Raíña por sexta vez, quinta consecutiva. Esta fin de semana toca celebralo en familia cos veciños de Burela e da comarca da Mariña, así que se celebrará unha festa na Praza da Mariña, organizada polo club de fútbol sala en colaboración co Concello de Burela, onde haberá música (con Fran de Nois), un inchable para que xs nenxs xoguen a "Dispara a Gol", barra de Estrella Galicia e venda de postais e material deportivo oficial do club. Tamén estarán á venda entradas para a final da Copa de Galicia de Futsal Feminino que se celebrará o próximo 17 de maio en Noia.

A festa celebrarase de 17.00 horas a 23...

leer más
Etiquetas:
18/10/2022

A asociación O Noso Foz e o Concello preparan a celebración do próximo sábado no Campo da Cabana na que se elixirá democraticamente a próxima Raíña do Entroido de Foz entre tres candidatas.

A concelleira de Cultura, Ines López Couto, explica que “será raíña porque no período de presentación de solicitudes todas as recibidas foron femininas, polo que o actual Rei, Roberto Gómez, cederá a súa coroa no mes de febreiro, con total seguridade a unha muller. Inicialmente foron seis as solicitudes recibidas, mais finalmente, por motivos persoais, tres decidiron non optar á elección e serán tres as candidatas á prezada coroa. Son nomes moi coñecidos en Foz e no seu Entroido, que xa defenden a súa candidatura: Uxía Valmayor Forés, da comparsa Sin Xeito; Icía Fernández Gómez, da comparsa As Farangullas; e Lucía López Lombardero, da comparsa Maloserá...

leer más
Etiquetas:
15/10/2022

O vindeiro sábado, 22 de outubro, a partir das 19:30 horas arrinca o Entroido 2023 en Foz. Farao na carpa que estará no Campo da Cabana para elixir a quen será a nova raíña do Entroido 2023.

Haberá servizo de barra e unha pulpería con polbo, churrasco e xamón. 

Desde a organización recomendan non esquecer os disfraces: “non te esquezas do teu disfraz e das ganas de pasalo ben. Desde a Asociación O Noso Foz e desde o Concello de Foz desexámoslle a mellor das sortes a todas as candidatas”. 

 

Etiquetas:
25/04/2021

O Pescados Rubén Burela FS defenderá o seu doblete de Copa de S.M. da Raíña estreando a final a 8 de Las Rozas con arrecendo irmandiño, co Ourense Envialia como o primeiro obstáculo, o venres 30, en cuartos. Así o decidiu o sorteo puro celebrado na Cidade do Fútbol de Las Rozas, nun acto que contou coa presenza da seleccionadora nacional, Claudia Pons, e da colexiada Sara Gutiérrez. 

Os partidos de cuartos de final xogaranse o venres 30 de abril. As semifinais fixaranse o sábado 1 de maio, mentres que o domingo día 2 queda reservado para o partido decisivo. 

Os afeccionados poderán seguir todos os partidos da competición por Teledeporte, xa sexan televisados ou a través da páxina web de RTVE. 

Etiquetas:
13/06/2019

A Deputada de Economía, Recadación e Facenda, Mayra García Bermúdez, xunto co Alcalde de Burela en funcións, Alfredo Llano García, presentaron, a Copa de S.M. A Raíña de Fútbol Sala, que se celebrará o  próximo fin de semana, fixérono acompañados do Director do Comité Nacionalde Fútbol Sala, José Miguel Calle Echevarría, e o Presidente do Club DeportivoBurela FS, Manuel Blanco Fanego. É a terceira vez que a vila mariñá acolle esta Copa de España, que celebra a súa XXV Edición estreando a nova denominación de Copa da Raíña, co permiso da Casa Real.

García Bermúdez destacou “as rapazas do Pescados Rubén Burela FS son as subcampioas tanto de Liga, na que empataron a puntos coas campioas, como da Copa; agardamos que rodeadas da súa afección consigan facerse co título neste 2019 cheo de alegrías para os laranxas, froito do traballo e a entrega...

leer más