Portas

Etiquetas:
24/02/2019

A xefa de Estudos do colexio Sagrado Corazón de Xesús, de Ribadeo, Begoña Sanjurjo, anuncia que “este luns 25, en horario de mañá ás dez e media e de tarde ás tres e media, e o xoves 28 en horario de mañá, ás dez e media, imos facer unhas xornadas de portas abertas para que os pais que teñan interese poidan visitar o centro e ver como traballamos”. 

Sanjurjo engade que “facémola neste horario para que sexa unha visita en momentos nos que hai nenos, para que os pais vexan como traballamos en distintos niveis. Facémolo polo interese dos que queiran entrar no noso centro, aos tres anos ou en calquera nivel, e tamén para que vexan o centro de arriba a abaixo porque cando unha persoa decide levar ao seu fillo a un centro escolar non o fai só polos primeiros anos de vida senón polo que ven a continuación. Queremos que vexan todo o centro e...

leer más
Etiquetas:
20/06/2018

A Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo organiza o día 27 de xuño unha xornada de portas abertas, en horario de 17:00 a 19:00 horas. O profesorado do centro explicará as distintas disciplinas que se imparten, incluíndo unha pequena clase práctica.

Segundo as materias, esta actividade estará dividida por idades:
– Música e movemento: nenas e nenos nados entre os anos 2014 e 2011.
– Danza/ballet: desde os 4 anos (ano 2014) en diante.
– Práctica instrumental: desde os 8 anos (nados en 2010) en diante.

Desde a EMMeD animan a “aproveitar esta oportunidade para probar de balde”.