O 27 de xuño terá lugar unha xornada de portas abertas na EMMeD de Ribadeo. Haberá tamén unha pequena clase práctica.

A Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo organiza o día 27 de xuño unha xornada de portas abertas, en horario de 17:00 a 19:00 horas. O profesorado do centro explicará as distintas disciplinas que se imparten, incluíndo unha pequena clase práctica.

Segundo as materias, esta actividade estará dividida por idades:
– Música e movemento: nenas e nenos nados entre os anos 2014 e 2011.
– Danza/ballet: desde os 4 anos (ano 2014) en diante.
– Práctica instrumental: desde os 8 anos (nados en 2010) en diante.

Desde a EMMeD animan a “aproveitar esta oportunidade para probar de balde”.