O Complexo RegalXunqueira, de Viveiro, organiza xornadas de portas abertas o 13 e o 14 de maio para celebrar a Semana dos Museos.

O complexo Regalxunqueira de Viveiro realiza unha serie de actividades con motivo da Semana dos Museos, que se desenvolverán o venres e o sábado coa celebración dunhas xornadas de portas abertas.

O venres inaugúrase unha mostra das pezas mercadas, donacións e adquisicións por parte de Regalxunqueira para ampliar as obras dos museos, entre as que cabe salientar un prato de Picasso, a Cabra de Xulia Ramallo, un plato de M.Marco, un xarón chinés da Dinastía Ming, unha placa cerámica de Ruiz de Luna, pezas de cerámica figurada de María Conceuceicao Sapateiro e un mural de Nacho Porto.

Nas xornadas de portas abertas de Regalxunqueira pódese ver un documental realizado pola produtora madrileña Napama encol da obra de Otero Regal e o complexo e obradoiros de Xunqueira, titulado Terra, auga e lume.

Ademais está programada a exposición Un día nos museos de Regalxunqueira que mostra debuxos feitos, na última visita neste Día dos Museos do ano 2019, polos alumnos de quinto curso do colexio Lois Tobío. Tamén se está a organizar unha mesa redonda sobre a Cultura e a Política á que están convidados os partidos políticos de Viveiro. Haberá ademais unha actuación do grupo de pandereteiras, gaitas e acordeón de Xunqueira que ensaia nestas instalacións os martes e venres.

Perante estes días, previa consulta e reserva, faranse visitas guiadas aos museos, exposicións e obradoiros para colexios de Educación Infantil, Primaria e Secundaria.