Os días 25 e 28 de febreiro haberá xornadas de portas abertas no colexio Sagrado Corazón de Xesús, en Ribadeo.

A xefa de Estudos do colexio Sagrado Corazón de Xesús, de Ribadeo, Begoña Sanjurjo, anuncia que “este luns 25, en horario de mañá ás dez e media e de tarde ás tres e media, e o xoves 28 en horario de mañá, ás dez e media, imos facer unhas xornadas de portas abertas para que os pais que teñan interese poidan visitar o centro e ver como traballamos”. 

Sanjurjo engade que “facémola neste horario para que sexa unha visita en momentos nos que hai nenos, para que os pais vexan como traballamos en distintos niveis. Facémolo polo interese dos que queiran entrar no noso centro, aos tres anos ou en calquera nivel, e tamén para que vexan o centro de arriba a abaixo porque cando unha persoa decide levar ao seu fillo a un centro escolar non o fai só polos primeiros anos de vida senón polo que ven a continuación. Queremos que vexan todo o centro e poderán preguntar calquera dúbida que teñan”.