O 9 de outubro haberá contacontos para bebés en Alfoz con Charo Pita. Será na Escola Infantil.

O vindeiro luns, 9 de outubro, ás 10:30 horas, a Delegación de Cultura de Alfoz ten programada a actuación de Charo Pita na Escola Infantil Galiña Azul.

Coma todos os anos trátase dunha actividade dirixida aos máis pequenos e ás súas familias dentro do Programa Ler Conta Moito da Xunta de Galicia.

“Porco, porquiño ensíname o camiño”, é o título do contacontos que ofrecerá Charo Pita.