Emprego

Etiquetas:
20/04/2022

RIBADEO SUMA continua a súa andanza, logo das formacións realizadas no Ribadeo Suma + Emprego nas que se cubriron todas as prazas dispoñibles. O Concello, desde a Área de Desenvolvemento Local, quere continuar co programa Ribadeo Suma Empresas & Emprendemento co fin de mellorar as competencias das empresas e das persoas emprendedoras, a través de formacións dinámicas e eminentemente prácticas e que abordarán temáticas para pór a súas ideas en acción, promover a reflexión para o cambio e outras actividades que lles axudarán a consolidar o seus negocios.

Pablo Vizoso subliña que “todas estas formacións preparadas teñen unha parte presencial e cada unha delas irá acompañada de mentorías que asesorarán de forma personalizada e individualizada ás persoas participantes e que se realizarán cando remate cada unha desas formacións presenciais....

leer más
Etiquetas:
12/02/2022

O Concello presenta Ribadeo Suma, un novo proxecto para este 2022, que incidirá nos eidos do emprego, as empresas, o emprendemento, a dixitalización e a sostibilidade e que pretende mellorar o benestar da poboación. O programa arrinca xa neste mes de febreiro. 

O concelleiro de Desenvolvemento Local, Pablo Vizoso, explica que “o ritmo de desenvolvemento social, tecnolóxico e económico actual puxo de manifesto xa hai un tempo que é preciso aplicar de novos enfoques para acadar un modelo de convivencia moito máis inclusivo e sostible, que garanta o benestar da poboación a longo prazo”.

O edil ribadense dixo que “na época onde as présas mandan e todo semella desbotable, parece preciso mudar certos hábitos e adquirir coñecementos que nos permitan avanzar como sociedade,mantendo o equilibrio entre progreso e...

leer más
Etiquetas:
11/03/2015
O Concello de Xove organiza un curso gratuíto de busca de emprego a través de internet. Está previsto que dea comezo o vindeiro luns, 16 de marzo.
 
Desde a organización sinalan que "a maneira e os métodos utilizados por empresas que buscan persoas empregadas cambiou nos últimos anos. Estase tendendo ao uso xeneralizado de internet e os portais de busca de emprego son os métodos principais para o inicio dos procesos de selección incluso para as pequenas empresas da nosa comarca. As redes sociais son unha inestimable fonte de información no proceso de busca de emprego".
Na actualidade, no Departamento de Emprego observase que moitas persoas non manexan esta sinxela ferramenta, dificultando e incluso evitando a participación en procesos de selección de persoal. É imprescindible aprender a buscar traballo por internet e ademais é moi doado. Esta é a razón pola que o Departamento de Emprego e Desenvolvemento Local e a...
leer más