Sensibilización

14/03/2020

A Concellaría de Igualdade ten previsto realizar unha campaña de sensibilización sobre a endometriose, coincidindo coa celebración do Día Mundial desta enfermidade, que ten lugar este 14 de marzo.

Segundo explican desde Igualdade e desde o CIM: “esta campaña, en colaboración coa Asociación Galega de Mulleres afectadas pola Endometriose querENDO, tiña previsto comezar o vindeiro luns cun reparto de dípticos informativos polos centros e os servizos da vila, pero adiarase ese reparto presencial ata que se recupere o funcionamento ordinario dos servizos. Pero aínda así gustaríanos non deixar que pase o día sen a visibilización que lle corresponde”.

E engaden que “esta Concellaría tamén ten programado un espectáculo en clave de humor sobre a endometriose, a cargo de Soledad Felloza, que leva por nome As mans arriba...

leer más
29/09/2017

A Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos (ACISA) de Ribadeo, coa colaboración do Concello ribadense, organiza unha xornada de sensibilización medioambiental para o día 9 de outubro, luns, ás catro da tarde no salón de actos da antiga Casa Sindical. O relator será José Rodríguez Coello, que é o responsable de Desarrollo de Negocio da delegación de Aenor en Galicia.

Esta actividade está dirixida a empresarios e público en xeral que necesiten adquirir unha visión xeral dos sistemas de xestión ambiental e das repercusións que ten para as empresas a incorporación da variable medioambiental na súa xestión. 

Os obxectivos da xornada son: coñecer o enfoque xeral da familia de Normas ISO 14000 e os requisitos da Norma UNE-EN ISO 14001:2015; comprender os principios da xestión ambiental e os...

leer más