Windsurf

Etiquetas:
19/04/2018

O Club Náutico de Foz organiza este fin de semana, días 21 e 22 de abril, a regata de windsurf 1º Premio Centro Comercial Aberto.

A proba é clasificatoria para o Campionato de España de Windsurf nas modalidades de Fórmula Windsurf, Raceboard e Techno 293, segundo o Regulamento de Regatas a Vela da ISAF 2013-2016 RRV).

As regatas terán lugar durante o sábado e domingo nas augas do golfo do Masma desde as 13:00 ata as 18:00 horas. O campo de regatas estará situado fronte á praia da Rapadoira ou na ría, dependendo das condicións meteorolóxicas. Están inscritos 25 regatistas e entre eles hai olímpicos consagrados.

Colaboran o Concello de Foz e o Centro Comercial Aberto-ACIA Foz.

Etiquetas:
09/02/2017

A ría de Foz será escenario esta fin de semana, os días 11 e 12 de febreiro, do 1º Premio Centro Comercial Aberto de Windsurf. Trátase dunha proba clasificatoria para o Campionato de España de Windsurf nas modalidades de Formula Windsurf, Raceboard e Techno 293. Da regata sairán seleccionados os representantes galegos na Copa de España que se celebrará en Alicante en marzo. 

O alcalde focense, Javier Jorge Castiñeira, relatou que “vimos de participar na presentación da regata de windsurf que organiza o Club Náutico de Foz coa colaboración do Centro Comercial Aberto, o propio Concello e a Federación Galega de Vela. A nivel autonómico é unha competición importante onde xa veremos un nivel bo e de onde sairán os representantes de Galicia para o campionato nacional”. 

O rexedor dixo que “para o Concello de Foz ten un...

leer más