Circuíto

Etiquetas:
07/06/2017

O mercado comarcal gandeiro de Lourenzá acollerá un circuíto de educación viaria este venres, día 9, de seis a oito da tarde. Esta actividade gratuíta organizada polo Concello está dirixida a nenos, nenas, rapaces e rapazas de 3 a 16 anos de idade.

Os interesados en participar deben apuntarse na biblioteca municipal e o prazo remata mañá, xoves, día 8.

O concelleiro de Xuventude, Francisco Dasilva, destaca a importancia que teñen as actividades deste tipo e explica que “en circuítos deste tipo os nenos e nenas asumen o papel de peóns, de pasaxeiros e de condutores e aprenden normas de comportamento responsable relacionadas coa educación viaria. Non esquezamos que os nenos e nenas de hoxe serán os adultos de mañá e por tanto é fundamental promover comportamentos e actitudes responsables e cívicas dos máis pequenos...

leer más
Etiquetas:
02/12/2016
Cervo acollerá o 25 de febreiro o 1º Circuíto de Baloncesto Precadete Masculino, que tamén pasará por Láncara, Vilalba, Quiroga e A Fonsagrada. O evento foi presentado na Deputación de Lugo.
 
O Deputado de Deportes, Pablo Rivera Capón, o Director Deportivo da Asociación Xuvenil Sagrado Corazón, Ruben Engroba, o Representante da Federación Galega de Baloncesto en Lugo, Alejandro Alcalde e a Xerente da empresa patrocinadora Ferreiro SuministrosIndustriales, Nadia Álvarez, presentaron no Salón de Actos da Deputación, o 1º Circuíto de Baloncesto Provincial Precadete Masculino. A Deputación colabora na celebración deste proba cunha achega económica de 1.500 euros. 
 
Rivera Capónrecoñeceu a importancia deste tipo de iniciativas “que van encamiñadas a promover o deporte base e á mocidade, xa que son preto 300 xogadores non federados os que poderán participar no torneo, o que supón, ademais, un importante revulsivo económico do que se aproveitarán os cinco...
leer más