Rapaces

Etiquetas:
06/12/2017

O Concello de Cervo programa varias sesións de cine na Casa da Cultura. Comezarán o xoves, 7 de decembro, ás 19:30 horas, coa película infantil Coraline. Este film foi gañador dos premios Annie á mellor música, deseño de personaxes e deseño de produción. Recibiu ademais nominacións aos Oscar e aos Globos de Ouro como Mellor Película Animada.

O sábado, día 9, proxectarase tamén ás 19:30 horas, a película xuvenil La Famille Bélier que recibiu seis nominacións aos Premios César, gañando o César á mellor actriz revelación Louane Emera.

O día 26 proxectarase Ballerina, e o 3 de xaneiro Paddington, ambas dirixidas ao público infantil. 

 

Etiquetas:
16/11/2017

O Concello de Cervo, a través da delegación de Educación, programou diferentes obradoiros de motivación e reforzo das habilidades do rapaces.

Tal e como explicou a edil responsable, Dolores García Caramés, os talleres serán impartidos por profesionais especializados na Casa da Cultura de San Ciprián.

En concreto, tal e como apuntou a edil, deseñáronse tres cursos. O programa FORTIUS, que promove competencias persoais, mediante un conxunto integrado de coñecementos, habilidades e actitudes, co fin de fortalecer psicoloxicamente ao rapaz, traballando a prevención de dificultades emocionais, contribuíndo a desenvolver unha personalidade saudable e a fomentar o seu benestar. Vai dirixido a rapaces de entre 8 e 12 anos, e impartirase todos os martes de 18:30 a 19:30 horas. O prazo de inscrición remata o vindeiro luns,...

leer más
Etiquetas:
06/10/2017

Os días 7 e 8 de outubro celebrarase o Campamento de Outono no Pereiro, en Alfoz, organizado por Chao de Castro Altair de Burela.

A actividade está dirixida a nen@s de 7 a 14 anos e abarca dende música, ata cociña pasando por sendeirismo, animais e lecer ao aire libre. O prezo para os non soci@s de Altair é de 28 euros, e inclúe transporte, comida, material, seguros e póliza de accidentes ademais da cota do mes de outubro para quen queira continuar na asociación. O prazo para anotarse remata o 6 de outubro, e as inscricións poden facerse nos números de teléfono 685 325 153 (Bruno-educador), 659 737 312 (Fátima-educadora) e 639 669 134 (Geno-nai representante das familias asociadas, o una dirección de correo chaodecastro.altair.burela@gmail.com.  

 

Etiquetas:
09/07/2017

O programa Noites Alternativas de Foz comezará este vindeiro luns, día 10, e foi presentado pola concelleira de Xuventude e Deportes, Mercedes González, e por Ibán García, da empresa IG10. Haberá fútbol praia, fútbol sala, volei praia, baloncesto e patinaxe e as actividades desenvolveranse no Campo da Cabana e na praia da Rapadoira.

Dende a organización explican que “é un programa completo que enche as noites do verán de deporte para mozos e mozas. Participa tanto xente nova de Foz e doutros concellos da Mariña como doutros lugares de España, que están a pasar as súas vacacións aquí. A inscrición faise ao inicio da actividade. Se algún rapaz ou rapaza dubida en participar por non ter grupo, non hai problema; o primeiro día formamos equipos. Este programa ten un gran éxito todos os veráns e axuda a formar amizades entre persoas que veranean...

leer más
Etiquetas:
04/07/2017

Hoxe martes, 4 de xullo, comenza o proxecto “Diververán Xove”, cun obradoiro de Drons, no que participan un total de 30 rapaces e rapazas de idades entre os 10 e 16 anos. Durante a mañá coñeceran as pezas e a montaxe de Drons, participaran na pilotaxe de Drons, tanto en voo dirixido coma simulado.

O proxecto “Diververán Xove”, está organizado pola OMIX do Concello de Xove e conta coa colaboración de 5 mozas voluntarias. Durante os meses de xullo e agosto organizaranse diferentes actividades (Educación Vial, cociña saudable, realidade virtual, informática, xogos populares,…) de martes a xoves en horario de 10:00 a 14:00, coa finalidade de ofertar ocio alternativo á xuventude do Concello de Xove.

 

Etiquetas:
17/06/2017

O Concello de Cervo, a través da delegación de Xuventude, pon en marcha este verán o programa Avívate en Cervo dirixido a rapaces e rapazas de entre 18 e 30 anos.
A edil de Xuventude, Dolores García Caramés, trasladouse esta mañá ata o IES Marqués de Sargadelos, para explicarlle aos mozos a proposta, que consiste na realización dunha serie de actividades encamiñadas a dotalos da motivación e das habilidades precisas para o seu futuro.

Neste senso haberá un curso de monitor de tempo libre, que se impartirá dende o 3 xullo; um obradoiro de intelixencia emocional, o 17 de agosto, cunha duración de 3 horas; o obradoiro avívate, estratexias para acadar os teus obxectivos; tamén o 18 de agosto; un obradoiro de motivación empresarial, que se desenvolverá o día 21 de agosto; un xantar de convivencia e unha actividade de ioga.

... leer más
Etiquetas:
16/06/2017

A Concellería de Medio Ambiente, xunto ao Augas Santas Kite Club, organiza unha actividade de paddel surf, na que poderán participar tod@s @s nen@s empadroad@s en Burela e nad@s entre os anos 2001-2009. 

O prazo de inscrición estará aberto do 20 ao 22 de xuño. Xa o luns, día 26, farase pública a lista de admitidos no Concello e na súa páxina web. As actividades terá lugar os luns, mércores e venres durante os meses de xullo e agosto. Desde a Concellería de Medio Ambiente Noelia Mª Ben sinala que “a adxudicación de prazas farase por rigorosa orde de inscrición, sempre que se cumpran os requisitos: saber nadar, ter entre 8 e 16 anos e estar empadroad@s en Burela. O material necesario para a actividade correrá a cargo do Concello. Os rapaces só precisarán levar bañador e toalla”

O paddel surf terá lugar na praia de...

leer más
Etiquetas:
07/06/2017

O mercado comarcal gandeiro de Lourenzá acollerá un circuíto de educación viaria este venres, día 9, de seis a oito da tarde. Esta actividade gratuíta organizada polo Concello está dirixida a nenos, nenas, rapaces e rapazas de 3 a 16 anos de idade.

Os interesados en participar deben apuntarse na biblioteca municipal e o prazo remata mañá, xoves, día 8.

O concelleiro de Xuventude, Francisco Dasilva, destaca a importancia que teñen as actividades deste tipo e explica que “en circuítos deste tipo os nenos e nenas asumen o papel de peóns, de pasaxeiros e de condutores e aprenden normas de comportamento responsable relacionadas coa educación viaria. Non esquezamos que os nenos e nenas de hoxe serán os adultos de mañá e por tanto é fundamental promover comportamentos e actitudes responsables e cívicas dos máis pequenos...

leer más
Etiquetas:
27/04/2017

O Concello de Ourol organiza obradoiros de robótica para rapaces co obxectivo principal de que se inicien no mundo da programación de forma sinxela e amena. Haberá dos grupos, un para os que teñen entre 8 e 12 anos e o outro para os de 13 a 18 anos.

Os obradoiros desenvolveranse os días 6, 20 e 27 de maio e 3 de xuño na Casa da Cultura de Ourol. O prazo de inscrición remata o 5 de maio e pode facerse chamando ao teléfono 982.55.90.19. 

 

Etiquetas:
21/07/2015
Lourenzá acollerá cursos de Eso para maiores de 18 anos a partir do mes de setembro, segundo informa o Concello.
 
O Concello de Lourenzá vai acoller dende o mes de setembro clases de ESO para maiores de 18 anos, especialmente pensadas para todos aqueles que desexen sacar o título oficial nun ano. 
As clases están organizadas polo Espacio Garabatos e na súa posta en marcha colabora o Concello de Lourenzá, o que permite uns custes máis económicos para os alumnos.
Os interesados poden atopar máis información dirixíndose á Biblioteca Municipal de luns a venres en horario de 17 a 20 horas durante este mes de xullo, pois en agosto estará pechada. Outras opcións son o correo electrónico formación@espaciogarabatos.com e o teléfono 693.06.53.74.