Noites

Etiquetas:
02/08/2022

Volven a Ribadeo as Noites Abertas. Os días 4, 5 e 6 de agosto 24 establecementos asociados a Acisa Ribadeo abriran ata as 21:00 horas ofrecendo promocións especiais. Ademais a música animará as rúas da vila. 

O xerente de Acisa, Jesús Pérez, dixo que “este ano volven as Noites Abertas de Ribadeo, que levaban un tempo sen facerse. Trátase dunha actividade que soe gustar e dar moito xogo, polo que dende Acisa quixemos recuperala, xa que se hai día de praia a xente ten a oportunidade de mercar ata algo mais tarde do habitual”.

Pérez Prada contou que “este ano a campaña consiste en abrir as tendas ata as 21:00 horas o 4, o 5 e o 6 de agosto, ofrecendo descontos e promocións especiais. Todo elo acompañado de musica. O xoves  á tarde noite haberá pasarrúas a cargo da Batukada de A Choca, o venres a partires das 21:00...

leer más
Etiquetas:
15/07/2022
Este verán volven As Noites. A rapazada poderá gozar de fútbol praia, wipeout, volei praia, baloncesto, fútbol sala e kickboxing.
 
As Noites é un programa que ofrece unha alternativa ás saídas nocturnas de botellón, fomentando actividades de desenvolvemento social, así como o deporte e os hábitos de vida saudables.
 
O martes 19 de xullo, a partir das 22 horas, comeza con fútbol praia, na Rapadoira para rapaces e rapazas de 10 anos en adiante. 
 
As persoas interesadas en participar tan só deben inscribirse o primeiro día antes de cada actividade. Aquelas que sexan menores de 18 anos necesitarán autorización asinada. 
 
As...
leer más
Etiquetas:
18/07/2019

O vindeiro luns, 22 de xullo, comezan as Noites 2019, que organiza o Concello de Foz, cunha actividade que o ano pasado tivo un gran éxito, o Wipe Out. Equipos clasificados por idades competirán en probas como a pista americana, gladiadores, superbarredora,… sen dúbida, as noites do luns e do martes estarán cheas de risa no Campo da Cabana.

Do 5 ao 7 de agosto a protagonista será a área da Rapadoira, co fútbol praia e nas seguintes semanas volverá a actividade de novo ao Campo da Cabana para disputar o fútbol sala e o baloncesto, que compartirán horario con kickboxing e defensa persoal.

Por primeira vez nas Noites haberá dúas actividades á vez. A organización agradece a colaboración co club Foz ContactAri, xa que os días 12, 13 e 14 de agosto poderase descubrir o kickboxing á vez que se disputa o fútbol sala. ...

leer más
Etiquetas:
25/06/2019

O Concello de Cervo presenta unha nova edición das Noites Alternativas que comezarán o vindeiro martes, 2 de xullo. Esta mañá os concelleiros David Rodríguez e Dolores García Caramés fixéronlle entrega dos dípticos informativos aos rapaces e rapazas do instituto.

O volei praia, na praia do Torno, será a actividade que inaugure unha completa axenda lúdico-deportiva que se desenvolverá ao longo dos meses de xullo e agosto en direrentes ubicacións de Cervo e San Ciprián; a partir das 22:00  horas o primeiro día de cada actividade. O resto de xornadas poderán variar os horarios en función dos grupos participantes.

As inscricións, abertas a todos o mozos do Concello, pero tamén a todos aqueles visitantes e veciños da contorna que desexen participar, deberanse facer o primeiro día de cada actividade, entre as 20:30 e as...

leer más
Etiquetas:
05/07/2018

O vindeiro luns, día 9, comezan as actividades nocturnas ao aire libre para rapaces maiores de 10 anos organizadas polo Concello de Foz, a través da Delegación de Xuventude e Deportes, que dirixe a concelleira Mercedes González Alonso. Nesta edición incorporan como novidade unha proba con obstáculos chamada wipeout.

Desde a organización de As Noites anunciaron hoxe que “este ano ademais dos exitosos torneos de fútbol praia, volei praia, fútbol sala e baloncesto, que reúnen a mozos e mozas de Foz e doutros lugares da comarca, incorporamos wipeout (estilo humor amarillo, con obstáculos por equipos), que seguro que fai as delicias de todos. Comezamos o luns 9 de xullo na praia da Rapadoira, con fútbol praia para as categorías sub 12, sub 15 e sub 17. Para inscribirse os mozos e mozas tan só deberán acudir ao inicio de cada un dos torneos. E...

leer más
Etiquetas:
28/06/2018

O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, e os edís de Deportes e Educación, José Ramón Soto e Dolores García Caramés, presentaron unha nova edición das Noites Alternativas que comezarán o vindeiro martes, 3 de xullo.

A Noite de Orientación, na Praza dos Campos, será a actividade que inaugure unha completa axenda lúdico-deportiva que se desenvolverá ao longo dos meses de xullo e agosto en direrentes ubicacións de Cervo e San Ciprián; a partir das 22:00  horas o primeiro día de cada actividade. O resto de xornadas poderán variar os horarios en función dos grupos participantes.

As inscricións, abertas a todos o mozos do Concello, pero tamén a todos aqueles visitantes e veciños da contorna que desexen participar, deberanse facer o primeiro día de cada actividade, entre as 20:30 e as 21:30 horas.

... leer más
Etiquetas:
08/08/2017

Nova cita coas Noites Cálidas, que organiza Acisa Ribadeo. A terceira será este xoves, 10 de agosto, xornada na que os 40 locais participantes abrirán as súas portas ata as 22 horas e ofrecerán diferentes descontos e promocións á súa clientela. 

Desde a directiva de Acisa amósanse satisfeitos “coa acollida que están a ter as nosas Noites Cálidas, nas que a música axudou moito a ambientar as rúas de Ribadeo nestas tardes de verán. Estamos moi contentos coa resposta dos clientes e do público tanto o 28 de xullo como o pasado xoves, coa xa tradicional Noite Flúor, e agardamos repertir este xoves, 10 de agosto”. Ese día a partir das 21 horas actuarán os grupos The Keng Song na rúa Rodríguez Murias e Nashville na rúa Reinante. 

Os locais participantes nas Noites Cálidas de Acisa son: Opticalia Ribadeo, Centro Auditivo...

leer más
Etiquetas:
21/07/2017

Chegan as Noites Cálidas que organiza Acisa Ribadeo e que se desenvolverán os días 28 de xullo e 3 e 10 de agosto. O obxectivo desta campaña pasa por “potenciar as vendas durante o verán nos establecementos asociados, grazas á creación de eventos musicais que animen á xente a vir a Ribadeo. Tamén haberá actividades para os máis pequenos e as tendas terán un horario especial para atender á súa clientela”.

Son arredor de 40 os comercios participantes que abrirán as súas portas ata as dez da noite “para captar aos clientes que volven da praia ou a aqueles que saen de bares á tardiña. Eses tres días haberá ofertas, descontos e promocións especiais e para ambientar estas Noites Cálidas contaremos con diferentes grupos de música, actividades infantís e coa tradicional noite flúor”, segundo explica David Martínez, presidente da Asociación de...

leer más
Etiquetas:
09/07/2017

O Concello de Xove organiza as Noites Alternativas que desenvolve durante os meses de xullo e agosto. Son actividades financiadas polo Concello e totalmente gratuítas.

No mes de xullo hai fútbol sala, os días 11,12 e 13, na praza do Centro Cívico; os días 18, 19 e 20, baloncesto tamén na praza do Centro Cívico; e os días 24, 26 e 27, volei praia, na praia de Esteiro.

No mes de agosto está programado fútbol praia, os días 1, 2 e 3, na praia de Esteiro; patinaxe, o día 8 na praza do Centro Cívico; kayak, o día 9 na praia de Morás; e Orientación, o día 10 na praza do Centro Cívico.

O horario das Noites Alternativas de Xove vai das 22:00 á 1:30 horas. A idade para participar nelas é a partir dos 8 anos (categorías infantís e adultos), e os/as interesad@s poden anotarse no lugar de celebración...

leer más
Etiquetas:
30/05/2017

O Concello de Cervo presentou entre a mocidade a programación das noites alternativas de verán, que se celebrarán nos meses de xullo e agosto.

O alcalde, Alfonso Villares, e a edil de Educación, Dolores García Caramés, trasladáronse hoxe ata o IES Marqués de Sargadelos para entregarlle aos rapaces os dípticos informativos que se editaron con toda a información de actividades, horarios e datas, para animalos a participar nesta cita xa consolidada dentro da programación do Concello.

Deste xeito as actividades deportivas terán lugar ao longo deses meses de xullo e agosto, en horario de 22:00 horas a 00:30 horas. 

Tal e como explicou Villares “pensamos nunha oferta ampla e diversificada, unha proposta alternativa de ocio para que os rapaces e rapazas teñan acceso a diferentes disciplinas...

leer más