Grupos
O Concello de Viveiro anuncia que desde o pasado luns, 15 de marzo, os centros socioculturais do municipio permanecen abertos cun aforo limitado do 30%.
Ademais dende o vindeiro luns, 22 de marzo, darán comezo as actividades grupais nos centros socioculturais con ata catro persoas non convivintes (sen contar ao monitor/a), segundo establece a nova orde pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada da COVID-19 na comunidade autónoma de Galicia.
Dende o goberno local enténdese que no contexto a actual os centros socioculturais son lugares fundamentais, cumprindo sempre coa normativa e limitacións establecidas. Estes espazos constitúen un lugar de encontro entre persoas no que poder levar a cabo non só actividades lúdicas, senón tamén...
leer másO Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, e o Alcalde de Alfoz, Jorge Val Díaz, presentaron o II Festival Arcadio Mon, que terá lugar o vindeiro xoves 3 de agosto no Adro de San Pedro, en Alfoz. Na presentación tamén participaron os organizadores do certame, Eduardo Canoura e José Vázquez.
O Goberno da Deputación é o principal patrocinador deste evento cultural, cunha achega de 2.000 euros, facendo posible a organización desta segunda edición do Festival, no que participarán máis de 600 persoas totalmente de balde, e co que tamén colaboran os Concellos de Alfoz e O Valadouro, posto que a súa organización alterna cada ano entre estes dous municipios da Mariña lucense.
Campos Conde subliñou que “con esta achega non só dinamizamos a vida cultural daMariña, senón que tamén damos a coñecer a labor de Arcadio Mon...
leer másO Goberno da Deputación mantén aberto o prazo para participar no Musiqueando, o programa dotado con 100.000 euros, co que o Executivo Provincial promociona a música popular na provincia, así como a creación de corais, bandas ou grupos tradicionais. O Musiqueando está dirixido a Concellos, asociacións ou comisións de festas, para a contratación de bandas de música, grupos corais e grupos de música tradicional, que teñan residencia na provincia de Lugo e que estean legalmente constituídas.
Os grupos de música, que queiran participar no Musiqueandopoden facelo ata o 16 de marzo, e os Concellos, asociacións ou comisións ata o 31 do mesmo mes.Na www.deputacionlugo.galhai habilitado un espazo con toda a documentación a presentar no Rexistro Xeral da Deputación ou ben en calquera das dependencias...
leer más