O 12 de xuño haberá teatro no Valadouro. Os Trocos porán en escena "Por un puñado de grelos".

O vindeiro sábado, 12 de xuño, ás 20:00 horas no Salón de Actos da Casa da Cultura, dentro do programa Ciclo Gargalladas da Deputación de Lugo, o Grupo de Teatro Os Trocos, de Castro de Rei, presenta “Por un puñado de Grelos”, de Guillermo Cancelo.

A acción transcorre na Terra Cha tendo como límite xeográfico o Río Torto por unha beira e Xustás Town pola outra. Coméntase en Xustás Town, que nun lugar chamado A Escrita, por onde pasa o Río Azúmara, e que está controlado polo pobo dos Valuros, está aparecendo ouro. A Escrita é a única paraxe natural onde se dá a planta sagrada Os Grelos, e un pobo como os Valuros, respectuoso ca natureza e os seus ancestros, non consentirá unha nova invasión por parte do pobo branco.