Fazouro acolle o 3 de febreiro unha representación teatral a cargo do grupo O Centiño, de San Martiño.

A antiga escola de Fazouro acolle este sábado, día 3, ás 20:00 horas unha representación teatral a cargo do grupo O Centiño, de San Martiño, que ofrecerá a obra titulada Zume de Amorodios. A entrada é gratuíta.

Esta actividade, que forma parte do ciclo de teatro afeccionado nas parroquias, está organizada pola Delegación de Cultura do Concello de Foz e agrupación A Adala, de Fazouro.