Festa do Polbo

18/03/2026

O Concello de Xove colabora e patrocina un ano máis a celebración da XXII Festa do Polbo, “unha cita gastronómica xa consolidada que organizan os hostaleiros da localidade e que ten como obxectivo poñer en valor un dos produtos máis representativos das nosas costas. Nesta edición participarán oito locais de hostalería de Xove, que ofrecerán aos asistentes diferentes elaboracións de polbo para destacar a versatilidade e calidade deste produto tan apreciado na gastronomía galega. Os locais participantes son: Bar Pepe, Cafetería A Roda,  Cociña, O Cabaliño, A Fuga, A Cívica, O Refugio e Cafetería Antoxo. A festa terá lugar o vindeiro Xoves Santo, 2 de abril, a partir das 13:00 horas. Durante a xornada os establecementos participantes  servirán cazolas de polbo elaboradas de distintas formas a un prezo de 15 euros, co obxectivo de que veciños e visitantes poidan gozar...

leer más
14/04/2025

Este luns tivo lugar a presentación do cartel da Festa do Polbo de Xove 2025 a cargo do grupo de hostaleiras e hostaleiros organizadores, do alcalde de Xove, Demetrio Salgueiro, e da concelleira de Cultura, Dolores Meitín. A vixésimo primeira edición deste evento gastronómico será este Xoves Santo, 17 de abril, a partir das 19:00 horas nos locais organizadores: O Refugio, Bar Pepe, Cafetería A Roda, A Fuga, La Cívica, Os Faroles, O Cabaliño, Antoxo e Pulpería-Bar Cociña.

O Concello de Xove anima á veciñanza e aos visitantes de toda A Mariña a participar nesta festa gastronómica e explica que “a partir de 15 euros poderase degustar unha rica ración de polbo, un dos produtos máis populares da nosa gastronomía. A cea estará animada pola percusión da comparsa Habelas Hainas, de Barreiros, por tódolos locais participantes”.

31/03/2025

A vixésimo primeira edición da Festa do Polbo en Xove celebrarase o día 17 de abril, Xoves Santo, a partir das 19 horas.

As racións de polbo venderanse a 15 euros e haberá animación musical polos locais participantes a cargo da percusión da Comparsa Habelas hainas, de Barreiros.

No evento participan estes establecementos hostaleiros: Bar Pepe, Cafetería A Roda, A Fuga, O Refugio, La Cívica, Os Faroles, O Cabaliño, Antoxo e Pulpería-Bar Cociña. Colabora e patrocina o Concello de Xove.