Ciclismo
25/05/2016
O Presidente, Darío Campos Conde, a Alcaldesa de Viveiro,María Loureiro, o Director de la Vuelta Ciclista a España 2016, Javier Guillen, e a Delegada da Xunta en Lugo, Raquel Arias, presentaron este mércores a 5ª etapa desta proba deportiva que ten como saída o concello de Viveiro. O 24 de agosto terá lugar a saídaneutralizada ás 13:10 horas dende o camping de Viveiro, e percorrerálugares emblemáticos da provincia como Cervo, Burela, Foz, Ribadeo, Trabada, e a capital da provincia Lugo, que acolle a chegadadesta etapa.
O Presidente sinalou que oorganismo provincial colabora neste evento deportivo cunha aportación económica de 55.000 euros, remarcou que esta cifra “é un investimento para promocionar a Comarca da Mariña de Lugo”....
leer más 23/04/2015
Ás 11 horas de mañá comezará na Praza Maior de Lugo a primeira etapa do ‘Desafío Volta a Lugo. VIII Volta ás Comarcas’, que discorrerá polas estradas da provincia de Lugo ata o vindeiro domingo baixa a organización do Club Ciclista Cidade de Lugo. A proba contará con dúas etapas máis, con saída en Mondoñedo, lugar de chegada mañá, e A Pobra do Brollón, punto de chegada da etapa do sábado e lugar de inicio e fin da derradeira tirada. A Vicepresidente Primeira, a través da Área de Benestar e Deporte, colabora un ano máis con esta proba.
O vicepresidente provincial e responsable da Área de Deporte recorda que a proba “este ano será de carácter cicloturista e leva o nome de Desafío Volta a Lugo, xa que quixemos contar con todos os clubs cicloturistas da provincia. Deste xeito...
leer más 26/03/2015
O vicepresidente e responsábel de Benestar e Deporte, o nacionalista Antonio Veiga, participou esta mañá no Salón de Actos do Pazo de San Marcos na presentación do ‘Desafío Volta a Lugo. VIII Volta ás Comarcas’, que discorrerá polas estradas da provincia de Lugo os vindeiros 24, 25 e 26 de abril. Tamén estiveron presentes no acto, que conduciu o xornalista José Areñas, José María Seijas, presidente do comité organizador; José Manuel Flores Arias, vicepresidente da Federación Galega de Ciclismo; Regina Polín, deputada provincial; José Manuel Díaz Grandío, concelleiro de Deportes de Lugo; Xosé Lois Maceda, alcalde da Pobra do Brollón; e Cheché Real, presidente da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería de Lugo. Finalmente tamén tomou a palabra Santiago Seijas, director da proba, que fixo unha valoración técnica.
... leer más





