Cadros

Etiquetas:
19/04/2023

No Concello terá lugar este venres, 21 de abril, o acto de descubrimento dos cadros que reproducen as imaxes das dez persoas que ocuparon a Alcaldía de Ribadeo nos diferentes períodos dos mandatos democráticos contemporáneos desde as primeiras eleccións municipais no ano 1979. 

Estas obras foron realizadas e entregadas de xeito altruísta ao Concello por Concepción Millán Martínez. 

Os traballos estarán colgados no primeiro andar do Pazo de Ibáñez para a súa permanente exhibición, ao igual que se fai noutras administracións públicas. 

O acto está convocado para o venres ás 17:00 horas. Ao mesmo están convidados os alcaldes e os familiares dos rexedores xa falecidos. 

 

Etiquetas:
20/08/2021

O Concello de Lourenzá e a asociación Patrimonio Laurentino organizan unha xornada dedicada á pintora Julia Minguillón, artista que estivo moi vinculada ao municipio. Será o día 28 deste mes, sábado, ás 18:00 horas no mosteiro de San Salvador, onde haberá unha charla na que intervirán a directora do Museo Provincial de Lugo, a museóloga Aurelia Balseiro García, e María Fidalgo Casares, que é doutora en Historia do Arte e membro da Academia Andaluza de Historia. O aforo é limitado e para asistir hai que reservar entrada a través do correo patrimonio.laurentino@gmail.com ou vía whatsapp ao teléfono 649.28.17.91. Tamén haberá outras medidas covid, como o uso obrigatorio de máscara e de xel.

Ademais desde esta fin de semana ata o sábado 28 exporanse reproducións de obras de Julia Minguillón...

leer más
Etiquetas:
06/04/2019

A sala de exposicións da Casa da Cultura acolle ata o vindeiro 30 de abril unha selección da obra de Xosé López Losada "Xolo", usuario da Unidade Residencial da Asociación de Axuda ao Enfermo Mental "A Mariña".

A mostra, denominada "Adaptacións", está composta por 15 obras escollidas entre máis de 200 cadros.

Xolo (Ourol, 1967) comezou a súa relación co mundo artístico de moi novo, aos 5 anos, tal e como el recorda. No ano 1987 trasladouse a Salamanca para estudar Belas Artes, onde conseguiu Matrícula de Honra no primeiro curso da Universidade. A finais do segundo ano, unha enfermidade mental impediulle seguir pintando, ata o 2005 que retomou a actividade.