No Concello de Ribadeo terá lugar o 21 de abril o acto de descubrimento dos cadros que reproducen as imaxes dos dez alcaldes da democracia contemporánea.

No Concello terá lugar este venres, 21 de abril, o acto de descubrimento dos cadros que reproducen as imaxes das dez persoas que ocuparon a Alcaldía de Ribadeo nos diferentes períodos dos mandatos democráticos contemporáneos desde as primeiras eleccións municipais no ano 1979. 

Estas obras foron realizadas e entregadas de xeito altruísta ao Concello por Concepción Millán Martínez. 

Os traballos estarán colgados no primeiro andar do Pazo de Ibáñez para a súa permanente exhibición, ao igual que se fai noutras administracións públicas. 

O acto está convocado para o venres ás 17:00 horas. Ao mesmo están convidados os alcaldes e os familiares dos rexedores xa falecidos.