Montes

Etiquetas:
29/08/2021

O Concello de Viveiro presentou a edición deste ano da CAMOVI - Carrera Montes de Viveiro. No acto de presentación estiveron a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, así como membros da organización e representantes das administracións colaboradoras e patrocinadores. 

Esta edición cambia a súa data ao vindeiro 5 de setembro, en vez de celebrarse en primavera como é habitual. Ademais, este ano cúmprense 10 anos dende a primeira edición, polo que haberá unha exposición para conmemorar o décimo aniversario da proba durante o vindeiro fin de semana. 

A proba conta con percorridos de 42, 21 e 10 quilómetros en función da categoría. Durante a competición seguiranse os protocolos COVID-19 pertinentes, co fin de realizar unha proba segura. 

“A CAMOVI é xa unha institución deportiva en Viveiro,...

leer más
Etiquetas:
28/03/2019

A Casa de Galicia, en Madrid, acolleu a presentación da IX Carreira de Montes de Viveiro CAMOVI 2019, que terá lugar o vindeiro 27 de abril no municipio da Mariña Lucense, co apoio da Deputación e do municipio viveirense. No acto participaron o voceiro do Goberno Provincial, Álvaro Santos Ramos; a Alcaldesa de Viveiro, María Loureiro García; o Delegado da Xunta en Madrid e Director da Casa de Galicia, José Ramón Ónega López; o Director Técnico da CAMOVI, Pedro Esmorís García; e o Social Media Manager da carreira, Horacio Albo Pérez.

Concello e Deputación achegan 8.000 euros para a celebración deste evento deportivo, que se ten convertido no referente das carreiras por montaña de Galicia e que reunirá, na súa novena edición, a preto dun millar de participantes. En total haberá 6 probas, con diferentes percorridos, adaptados a todos os...

leer más
Etiquetas:
21/10/2017

A décimo cuarta edición da Rota Montes da Mariña de vehículos 4x4 celebrarase do 27 ao 29 deste mes de outubro. O evento foi presentado polo alcalde de Foz, Javier Jorge Castiñeira, xunto con membros do club Os Correcamiños, que son os organizadores.

O venres 27 será a recepción aos participantes, que chegarán de numerosos puntos de España como País Vasco, Extremadura, Madrid e tamén de Portugal. Haberá un total de 125 motos, 150 quads e 215 coches, con lista de garda.
 
O sábado 28 partirán ás 9 da mañá do porto focense para realizar un percorrido por concellos da Mariña. As persoas que desexen ver a estes vehículos en acción poden acudir aos seguintes puntos: pola mañá á liña A Emida-Oirán e pola tarde as canteiras de Teixeira e de Fazouro.

O domingo 29 estrearase un circuíto de 35.000 metros na...

leer más