Beach Avenue

Etiquetas:
30/04/2026

O Vendaval Fest organiza o VIII Concerto do Galiñeiro no Cine Teatro de Ribadeo este venres, día 1 de maio, ás 22:00 horas coas actuacións dos grupos Sigilu e Beach Avenue.

Os promotores deste evento anuncian: “o vindeiro 1 de maio viviremos no Cine Teatro de Ribadeo unha noite chea de grunge e rock alternativo” e explican que o grupo Sigilu “nace en Lugo en 2015 cunha idea clara: mesturar o acústico e o electrónico sen límites. En 2017 lanzan o seu primeiro traballo, fusionando folk, electrónica e matices trip-hop, marcando o inicio do seu universo musical. En 2025 lanzan o seu segundo álbum, máis denso e expansivo, que conecta o rock progresivo, o metal e o alternativo dos noventa, con ecos da música española clásica. Influencias como Tool, Steven Wilson, Alice in Chains ou Radiohead marcan o seu son”. E Beach Avenue “nace en Lugo en...

leer más