Ximnasia Rítmica

16/05/2017

Mañá, 17 de maio, vaise celebrar no Pavillón Municipal de Deportes de Xove o XXIV TORNEO CONCELLO DE XOVE DE XIMNASIA RÍTMICA, unha das competicións deportivas de rítmica con máis solera da nosa Provincia.  

O Torneo, organizado polo Concello a través da Concellería de Deporte e a Escola Municipal de Ximnasia Rítmica, vai comezar ás 16:00 horas, no Pavillón Municipal de Deportes de Xove, coa presencia de  9 equipos: as Escolas Municipais de Xove, Vilalba e Castro, o C.  Porta Norte de Burela/Ribadeo,  o C. Filigrana de Lugo, o C. Ximnasia de Viveiro, o C. Ximnasia Areoura de Foz, o C. Violeta de Baamonde, o C. Abrente de Pontevedra e  o Club Xirandela de Sarria.