Humanos

Etiquetas:
03/08/2021

A Praza do Concello acolle ata o 6 de setembro a exposición Dereitos Humanos en Mozambique: acompañando a mellora da saúde e a educación desde a cooperación municipalista, promovida polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, entidade da que é socio o Concello de Burela. A mostra ofrece unha panorámica dos proxectos de desenvolvemento apoiados no país lusófono, canda intres da vida cotiá, a través das fotografías realizadas polo reporteiro Adrián Irago, que viaxou á zona como gañador do certame Imaxes con Fondo III.

A exposición, que se estreou polo 70º aniversario da Declaración Universal dos Dereitos Humanos, estrutúrase en cinco cubos que nos achegan á realidade mozambicana, comezando polas iniciativas de loita contra a pobreza cofinanciadas desde o ano 2001 en materia de educación, saúde ou abastecemento de auga. O Fondo Galego...

leer más