Ourol acolle a exposición "O soño cubano da emigración galega" do 3 ao 6 de agosto con motivo da Ruta Indiana.

O Concello de Ourol presenta a exposición “O soño cubano da emigración galega”, cedida polo Consello da Cultura Galega con motivo da Ruta Indiana durante os días 3, 4, 5 e 6 de agosto no edificio multiusos.

A exposición poderá visitarse o 3 e o 4 de agosto entre as 11 e a 13 horas e de 17 e as 19 horas. Para o fin de semana, días 5 e 6 de agosto, o horario aumenta de 10 a 13.30 horas e de 16.30 a 20.30 horas. A entrada é libre e gratuita.

A exposición trata de narrar e recrear as fases e facetas principais da epopea migratoria que tivo lugar en tantos lugares desta terra. Así pois, poderá coñecerse dende a chegada dos inmigrantes ata o seu retorno, pasando por asociacións que crearon. Tamén, existe o apartado da situación das mulleres inmigrantes así como publicacións e proxectos políticos para Galicia que xurdiron en Cuba. Finalmente, rematarase coa pegada deixada polos galegos e galegas na sociedade cubana.