Proxección

24/12/2023

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo dende a súa Área de Cultura, achega a Barreiros dúas sesións de cinema curto o vindeiro 27 de decembro.

Trátase de Nena, unha curtametraxe de Xosé Antonio Touriñán
Máis info: https://nena.gal/

E deA Rabia, curtametraxe de Alberto Díaz.
Máis info: https://www.aldiaz.es/piezas/a-rabia/

Proxectaranse as dúas curtametraxes lucenses seleccionadas e premiadas internacionalmente e logo, haberá coloquio coa presenza dalgún membro do equipo.

En Barrreiros as proxeccións serán o mércores, 27 de decembro, ás 20:30 horas no centro sociocultura de San Cosme. E no Valadouro o xoves, día 28, ás 19:00 horas na Casa da Cultura. 

 

20/12/2023

O vindeiro 28 de decembro haberá en Ribadeo unha proxección dedicada ao intento de construción dunha central nuclear en Xove a finais do anos 70. 

Trátase do documental "Xove. Democracia nuclear", de Pedro Lechuga Mallo. Será o 28 de decembro ás 20.30 horas, no Teatro de Ribadeo, segundo informa a Agrupación Cultural Francisco Lanza. 

Etiquetas:
28/11/2023

A localidade de Xove acollerá o vindeiro venres 1 de decembro a proxección do documental 'Xove, Democracia Nuclear'. Este traballo xornalístico está dirixido polo xornalista leonés Pedro Lechuga Mallo, quen contou coa colaboración da Asociación de Prensa de Lugo para a súa gravación. Este documental recupera a través dos medios de comunicación en novembro de 1973 as historias vividas na Mariña cando foi público o proxecto de construción dunha central nuclear en Xove. Recollen os testemuños de quince persoas vinculadas á mobilización, veciños e persoas relacionadas co nacionalismo, o Sindicato Labrego Galego, xornalistas e profesores, ademais do entón alcalde de Xove, Jesús López González.

A proxección terá lugar a partir das 20:00 horas no salón de actos do Centro Cívico, sendo a entrada gratuíta até completar aforo. Este evento é posible...

leer más
22/11/2023

O documental titulado “Xove, democracia nuclear” proxectarase en Ferreira do Valadouro este sábado, 25 de novembro, ás 19:00 horas. Será no salón de actos da Casa da Cultura do Valadouro, con entrada de balde.

Este documental, de Pedro Lechuga Mallo, forma parte do proxecto a nivel nacional denominado Democracia Nuclear, que ten como obxectivo recuperar as historias das diferentes mobilizacións antinucleares xurdidas en España nos anos setenta.

07/11/2023

En consonancia cos seus obxectivos de promoción e defensa dos dereitos como a saúde así como de colaboración con outros colectivos que traballan na mesma liña, o Foro Social da Mariña organiza a proxección do filme Agromantes, con guión e dirección de Cora Peña, o xoves 9 de novembro ás 20:00 horas no auditorio da Casa da Cultura de San Cibrao (Cervo).

Agromantes é unha obra audiovisual que mestura a ficción e o documental, cunha duración de 72 minutos. Aborda o tema da saúde mental a partir dunha situación na que un grupo de persoas comparten as súas experiencias de loucura e psiquiatrización nun xogo de escenificación improvisada.

Rematada a proxección haberá un coloquio no que intervirán por videoconferencia a directora do filme e algúns integrantes do mesmo.

18/10/2023

A Fundación Galiza Sempre presenta o 25 de outubro, mércores, o filme documental “Xove, democracia nuclear”. A obra, que recolle a loita das veciñas e veciños da comarca da Mariña contra a central nuclear de Xove na década dos anos 70, proxectarase ás 19:30 horas no Salón de Usos Múltiples do Concello de Viveiro.

“Xove, democracia nuclear” é un filme dirixido polo xornalista leonés Pedro Lechuga Mallo e nel participan militantes históricos do nacionalismo e veciñas e veciños da comarca da Mariña que xogaron un papel vital na oposición á central nuclear. Un deles, Francisco Luís R. Guerreiro, será o encargado de guiar o coloquio posterior á proxección do documental.

A entrada é de balde até completar o aforo.

Etiquetas:
27/09/2023

A asociación cultural A Pomba do Arco organiza o 6 de outubro ás 20:00 horas no Cenima, de Foz, a proxección dun documental sobre a loita dos veciños da Mariña contra a central nuclear de Xove. 

O acto estará introducido por un dos protagonistas daqueles feitos, o viveirense Francisco Luís Rodríguez Guerreiro.

 

02/06/2023

Nova convocatoria da Delegación de Cultura do Concello do Valadouro. Nesta ocasión presentan a proxección do documental Ecos da Galerna do 61 este sábado, 3 de xuño, ás 20:00 horas no Salón de Actos da Casa da Cultura Manuel Lourenzo do Concello do Valadouro. Entrada de balde.

Sinopse:
O mes de xullo do 61 quedou marcado a madeira, morte e salitre na memoria colectiva dos pobos mariñeiros dende Brest ata Ferrol de tal xeito que agora, 60 anos despois, e cando xa moitos dos protagonistas que sairon con vida daquela terrible experiencia que foi pasar unha galerna non están entre nós, perviven na transmisión oral moitos feitos e anécdotas do acontecido en alta mar e nos portos aos que ían chegando barcos desfeitos e novas de vivos e mortos.

Como homenaxe a tódolos mariñeiros e ás súas familias, e co obxectivo...

leer más
27/05/2023

O Teatro Pastor Díaz acolle o venres 2 e o sábado 3 de xuño, ás 20:30 horas, a esperada estrea da primeira e segunda parte do documental “Viveiro a través do tempo”, unha peza dos curmáns David e Diego de Bartolomé que recolle os 900 nos de historia da vila e que conta coa colaboración do Concello de Viveiro e da Deputación de Lugo.

Esta obra, que se comezou a artellar no ano 2018 e que sufriu diferentes cambios por mor da pandemia, naceu coa idea de que “crear un proxecto documental que englobara a historia de Viveiro contada polos seus veciños e por residentes” coa participación de máis de cen persoas e con numerosa documentación de fotografías, gravacións e entrevistas persoais. 

A alcaldesa Maria Loureiro García e incluso unha sentida homenaxe dos seus fillos Melchor e Iván Roel ao finado alcalde Melchor Roel...

leer más
26/05/2023

O venres, 2 de xuño, ás 21:00 horas a Casa da Cultura da Pontenova acollerá a proxección do documental Segadores da Órrea en Terras de Castela: unha historia de heroes.

Trátase dun feito histórico, social, antropolóxico e cultural narrado por trinta e un homes e mulleres que o viviron en primeira persoa procedentes da parroquia de Santa Comba da Órrea, Riotorto (A Terra de Miranda).

O evento está organizado pola asociación musical A Chocolateira, Concello da Pontenova, Deputación de Lugo e Asociación de Veciños e Veciñas de Santa Comba da Órrea.