Proxección

Etiquetas:
30/03/2021

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo promovo un ciclo de proxeccións audiovisuais que levará os filmes finalistas ao Premio Mestre Mateo a Foz, Vilalba e Chantada. As tres localidades acollerán nas vindeiras semanas os pases de “Ons” de Alfonso Zarauza, “A illa das mentiras” de Paula Cons, “Arima” de Jaione Camborda e “Lúa Vermella” de Lois Patiño, candidatas ao galardón na categoría de Mellor Longametraxe. 

A vicepresidenta e responsábel da área de Cultura, Maite Ferreiro, e o vicepresidente da Academia Galega do Audiovisual,  Pepe Coira, presentaron a iniciativa este martes no Pazo de San Marcos, acompañados por Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA, e Mercedes Vázquez, de Airoá Comunicación, que xestionarán as proxeccións en Vilalba e Chantada, respectivamente.

“Desde a Vicepresidencia da Deputación...

leer más
Etiquetas:
10/03/2021

Este venres, 12 de marzo, ás 19:30 horas a Casa da Cultura de Foz acolle a proxección do documental Por ser mujer, da directora Mercedes Resino. Está organizado polo Concello focense.

Este documental ofrece a testemuña de dúas mulleres nadas en familias ultraconservadoras que transgrediron os códigos familiares e comezaron un camiño de apertura á vida na España franquista dos anos 60.

O aforo será limitado, polo que hai que chamar ao teléfono 982.140.675 para reservar previamente a entrada, que é gratuíta. 

 

Etiquetas:
23/01/2020

A Concellaría de Cultura e Consumo organiza uns actos arredor do urbanismo e o maltrato da paisaxe que se desenvolverán os días 24 e 31 de xaneiro. Hoxe foron presentados pola edil Pilar Otero Cabarcos. 

A concelleira ribadense explicou que “o eixo central serán as proxeccións do documental Estruturas, de Paco Gallego e Xosé Bocixa, gravado en 2018 e onde se escoitará o parecer de diferentes persoas estudosas do tema como a do decano do Colexio de Arquitectos de Galiza, Antonio Maroño, arquitectos como Carlos Coto ou Fermín Blanco, arquitectas como Elvira Carregado e Carmen Vázquez, o director da ETSAC (Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña), Fernando Agrasar -tamén arquitecto-, do sociólogo urbanista Manuel G. Docampo ou da xeógrafa Rocío Romar, colaboradora do proxecto educativo Proxectoterra, que leva os valores da paisaxe e...

leer más
Etiquetas:
10/12/2018

A Delegación de Cultura, Educación e Xuventude en colaboración coa Deputación de Lugo ten o pracer de convidar @s alumn@s, aos equipos docentes, asociacións de nais e pais de todos os centros educativos da Mariña Lucense, así como ao público en xeral a asistir á charla A produción cinematográfica, que terá lugar o vindeiro venres, 14 de decembro, ás 18:00 horas no auditorio da Casa da Cultura de Burela. Será impartida por Alfonso Zarauza, cineasta compostelán gañador de 2 premios Mestre Mateo ao mellor guión e mellor director polo seu filme Os fenómenos e Carlos M. Carbonell, produtor do filme Arima, gravado recentemente na  provincia de Lugo.

De seguido proxectarase a curtametraxe A rapa das bestas, de Jaione Camborda e a longametraxe Os fenómenos do propio Zarauza. Trátase dun drama social que, con pinceladas de humor, fala do esplendor...

leer más
Etiquetas:
26/09/2018

Cine Ribadeo acolle a estrea da película Dhogs. Será este sábado, 29 de setembro, ás 20:30 horas. No acto de presentación do filme estiveron Suso López, da produtoras da película; o representante de Cine Ribadeo, Julián Vega; e o concelleiro de Cultura, Farruco Graña.

Suso López manifestou que “estamos moi contentos de seguir movendo a nosa película pola provincia, agradecemos ao Concello o apoio de traernos ata aquí e esperamos que a xente que veña lle guste, disfrute e sufra tamén coa nosa película, que é moi especial, en Galicia non se fixo moito cine deste tipo por agora, e coa que estamos moi contentos. Vai vir o director tamén para facer un pequeno coloquio e presentación da película”.

López engadiu que “é unha película estraña, pero que realmente retrata o control e a maldade do ser humano ata facelo...

leer más
Etiquetas:
24/08/2018

A asociación fotográfica Os Negativos, de Viveiro, organiza unha proxección fotográfica que terá lugar 1 de setembro.

O título desta proxección é 60 en Positivo, e terá lugar o 1 de setembro, ás 21:00 horas, no Teatro Pastor Díaz de Viveiro. A entrada é de balde.

Trátase dun espectáculo multimedia, composto por unha proxección de fotografías dos socios do grupo, en pantalla xigante e acompañada de música.

Colabora con este evento o Concello de Viveiro.

 

03/06/2018

A Asociación Cultural O Pasatempo anuncia a presentación e proxección da pelicula "Dhogs", do director meirense Andrés Goteira, que foi galardoada con 13 estatuíñas nos recentes Premios Mestre Mateo do audiovisual galego. Será o domingo, 10 de xuño, ás 20 horas no Auditorio Pascual Veiga, de Mondoñedo. Posteriormente, haberá un coloquio para saber máis da rodaxe e outras curiosidades coa presenza do citado director Andrés Goteira e co produtor executivo Adrián Folgueira. 

A Asociación O Pasatempo subliña que “é orgullosa mecenas do proxecto, xa que a película saíu adiante grazas ao micro mecenazgo a través de páxina web. Como curiosidade, xa no ano 2014 nas II Xornadas de Curtametraxes realizadas por esta asociación en Mondoñedo, o director estivera presente mostrando curtas súas e explicando o proxecto da película Dhogs".

 

Etiquetas:
03/05/2018

Cine Ribadeo proxectará a película Red de Libertad o vindeiro xoves, día 10 de maio, por iniciativa do colexio ribadense Sagrado Corazón.

O centro anunciou hoxe que “con motivo da celebración de Santa Luisa de Marillac, cofundadora das Fillas da Caridade de San Vicente de Paúl, o colexio Sagrado Corazón promove a proxección da película Red de Libertad (2017). Nela a actriz Asumpta Serna encarna a figura de Helena Studler, filla da caridade que na Francia da segunda guerra mundial creou unha rede que empezou asistindo ós prisioneiros dos campos alemáns e que axudou a fuxir ata a 2.000 persoas das mans dos nazis. A película fai visible o carisma vicenciano: estar presente cos que sofren”.

O colexio Sagrado Corazón, de Ribadeo, explica tamén que “o alumnado de ESO asistirá á proxección. Dende o centro convidamos ó...

leer más
06/12/2016
A Casa da Cultura, de San Ciprián, acollerá neste mes de decembro a proxección de tres películas de cine adulto e xuvenil.
 
O auditorio da Casa da Cultura, de San Ciprián, acollerá neste mes de decembro a proxección de tres películas de cine adulto e xuvenil programadas polo Concello de Cervo. Serán os días 10, 17 e 29, todas elas ás oito da tarde.
 
O día 10, sábado, ofrecerase a película Os fenómenos; o 17, tamén sábado, Lobos sucios; e o 29, xoves, El club de los incomprendidos.
 
A concelleira de Cultura, Dolores García Caramés, explicou que “esta é a programación de cine para adultos, mozos e mozas, do mes decembro, que se proxectará na nova pantalla coa que contamos na Casa da Cultura, de San Ciprián, e que se estreou o domingo 27 de novembro cunha película infantil, que tivo moi boa acollida. Dende o Concello de Cervo vamos seguir apostando polos ciclos...
leer más
04/11/2016
O Teatro de Ribadeo acollerá o 11 de novembro a proxección de "Vida", o último traballo como director de Rubén Riós.
 
O Teatro de Ribadeo situado na Rúa de San Roque,  2, acollerá o próximo venres, 11 de novembro, ás 20:30 horas, a proxección da obra  de ficción Vida e o documental Máis ca Vida do director e actor galego Rubén Riós. No acto, estarán presentes, ademais do propio director, o actor e actriz protagonista, Óscar Rodríguez e Mónica Ferreiro que, unha vez concluída a proxección, aproximarán en primeira persoa as súas percepcións do que significou para eles levar a cabo este proxecto que tanto ten marcado as súas vidas.
 
Logo dun ano de ensaios e traballo con persoas deste colectivo con capacidades diferentes, o director percatouse das súas inmensas gañas de amosar ao mundo o que son capaces de facer. O seu espírito, forza e traballo en equipo concluíron na  realización de dúas grandes obras...
leer más