O documental "Xela Arias, poeta nas marxes" proxectarase na sala multiusos do Concello de Viveiro o 27 de xuño.

O Concello de Viveiro organiza unha actividade en torno á figura de Xela Arias, homenaxeada este ano no Día das Letras Galegas.

O acto terá lugar o vindeiro domingo, 27 de xuño, ás 19:00 e ás 20:00 horas na sala multiusos do Concello de Viveiro e consistirá na proxección do documental de Beatriz Pereira titulado "Xela Arias, poeta nas marxes".

Ao remate haberá un coloquio que contará coa intervención da propia Beatriz Pereira e con Daniel Chapela.

A reserva de entradas pódese facer no teléfono 982 560 162 ou no correo electrónico rbg.cultura@viveiro.es . A capacidade será limitada.

Colaboran na organización do evento: Xunta de Galicia e Xacobeo 21-22.