Zocas

Etiquetas:
14/03/2018

A galería ribadense de arte Terra Branca e o zoqueiro Alberto Geada poñen en marcha O Xogo das Zocas, que inclúe agasallos para os gañadores. O obxectivo desta iniciativa é facer promoción desa zona do interior da Mariña e da arte que se fai nesta comarca, arte en imaxes e arte en forma de zoquiñas.

Para conseguir cada un dos cinco premios hai que localizar unha das cinco pequenas zocas que o zoqueiro do Valadouro Alberto Geada escondeu na contorna das cinco marabillas do Val do Ouro: o castelo de Castrodouro, a fervenza Escouridal, o dolmen do Prado das Chantas, a cruz do Pau da Vella e Finca Galea. Despois de atopar cada zoca hai que levala á galería Terra Branca, de Ribadeo, onde os gañadores recibirán os agasallos, que consisten en figuras de cerámica, unha lámina, un reloxo ou un perfume de Terra Branca. Se a mesma persoa consegue...

leer más